Educación bilingüe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámase educación bilingüe á utilización dunha segunda lingua ou dunha lingua estranxeira para ensinar contidos.

Os programas de educación bilingüe poden ser de distintos tipos, como os seguintes:

  • o uso na escola dunha unha lingua que non é a lingua materna do alumnado. Recibe o nome de programa de inmersión.
  • o uso da lingua materna do alumnado cando inicia a escolarización e un transición posterior para o uso da lingua da escola para ensinar algunhas materias e a lingua materna para outras. Isto recibe o nome de educación bilingüe de mantemento.
  • o uso parcial ou total da lingua materna do alumnado ao iniciarse a escolarización e unha transición posterior para un uso exclusivo da lingua da escola. Isto recibe o nome de educación bilingüe transicional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]