Joseph Werth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joseph Werth
Епископ Иосиф Верт.jpg
Bispo da Igrexa católica
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1952 en Karaganda, RSS de Casaquistán
Ordes
Ordenación sacerdotal27 de maio de 1984
Consagración episcopal16 de xuño de 1991, por Francesco Colasuonno
Bispo de Transfiguración en Novosibirsk
1991 - actualidade
Outros
Coat of arms of Joseph Werth.svg
Escudo de Joseph Werth
Pro Deo, Ecclesia et Animis
(Por Deus, a Igrexa e as Almas)
Ficha en catholic-hierarchy.org

Joseph Werth, nado o 4 de outubro de 1952 en Karaganda (RSS de Casaquistán), é un relixioso ruso-alemán, dende 1991 ao cargo da diocese da Transfiguración en Novosibirsk.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Joseph Werth naceu en Karaganda o 4 de outubro de 1952;[1] é o duodécimo fillo dunha familia de alemáns do Volga que foran deportados á RSS de Casaquistán en 1929, no marco da campaña soviética contra os kulak. Logo de realizar o servizo militar no exército da Unión Soviética, entrou o 14 de agosto de 1975 no novizado da Compañía de Xesús en Lituania. Comezou posteriormente os seus estudos de teoloxía en Kaunas, e foi ordenado sacerdote o 27 de maio de 1984.[1] Logo de pasar un ano en Lituania, foi vigairo patriarcal en Aqtöbe (Casaquistán) e posteriormente na parroquia de Marks (provincia de Saratov, RSFS de Rusia).

Pontificado[editar | editar a fonte]

Coa caída da Unión Soviética, foi nomeado o 13 de abril de 1991 polo papa Xoán Paulo II administrador apostólico de Siberia e bispo titular de Bulna.[1] Recibiu a consagración episcopal o 16 de xuño[1] de mans do legado apostólico a Rusia, Francesco Colasuonno, e tivo como co-consagrantes principais ao administrador apostólico da Rusia europea Tadeusz Kondrusiewicz e ao bispo auxiliar de Vilnius Juozas Tunaitis.[2] Cando o territorio foi dividido en dúas administracións apostólicas, o 18 de maio de 1999, permaneceu como administrador apostólico de Siberia occidental.

O 11 de febreiro de 2002 a administración foi elevada a diocese, tomando o nome de diocese da Transfiguración en Novosibirsk, e Werth foi nomeado bispo diocesano.[1] O 20 de decembro de 2004 foi nomeado tamén ordinario do exarcado católico de Rusia.[1] Entre febreiro de 2005 e xaneiro de 2011 foi presidente da Conferencia Episcopal Católica de Rusia. O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Annuario pontificio per l'anno 2009. Libreria Editrice Vaticana. p. 760. 
  2. "Bischof Joseph Werth, S.J". Кафедральный собор Преображения Господня в Новосибирске (en alemán). Consultado o 22/09/2018. Die Bischofsweihe am 16. Juni 1991 spendete ihm Francesco Colasuonno, Apostolischer Delegat in Russland und späterer Kardinal; Mitkonsekratoren waren Tadeusz Kondrusiewicz, der am selben Tag zum Administrator in Russland bestellt wurde, und Juozas Tunaitis, Weihbischof in Vilnius. 
  3. "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014. Il Santo Padre Francesco [...] ha nominato Membri: [...] Joseph Werth, Vescovo della Trasfigurazione a Novosibirsk. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(creación da sé)
 Administrador apostólico de Siberia 
1991 - 1999
Sucesor:
(división da sé)
Predecesor:
(división da sé)
 Administrador apostólico de Siberia occidental 
1999 - 2002
Sucesor:
(elevación da sé)
Predecesor:
(elevación da sé)
 Bispo da Transfiguración en Novosibirsk 
dende 2002
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
Klymentii Sheptytskyi
(exarca apostólico)
 Ordinario para os greco-católicos de Rusia 
dende 2004
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
 Presidente da Conferencia Episcopal Católica de Rusia 
2005 - 2011
Sucesor:
Paolo Pezzi