Qarağandı
Qarağandı (en casaco: Қарағанды/Qarağandı, pronunciado [qɑɾɑˈʁɑndə]; en ruso: Караганда, "Karaganda", forma oficial até 1993) é a capital da rexión homónima de Casaquistán. É a cuarta cidade en poboación do país, con 459.778 habitantes segundo o censo de 2009. Na década de 1940 arredor do 70% da poboación da cidade eran alemáns descendentes dos alemáns do Volga que foran deportados por Stalin na segunda guerra mundial.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |