Paolo Pezzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Paolo Pezzi
Paolopezzi.jpg
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento 8 de agosto de 1960 en Russi, provincia de Rávena, Italia
Ordes
Ordenación sacerdotal 22 de decembro de 1990, por Ugo Poletti
Consagración episcopal 27 de outubro de 2007, por Tadeusz Kondrusiewicz
Arcebispo metropolitano de Nai de Deus en Moscova
2007 - actualidade
Predecesor Tadeusz Kondrusiewicz
Outros
Coat of arms of Paolo Pezzi.svg
Escudo de Paolo Pezzi
Ficha en catholic-hierarchy.org

Paolo Pezzi, nado o 8 de agosto de 1960 en Russi (Italia), é un eclesiástico católico latino italiano, dende 2007 arcebispo da Nai de Deus en Moscova.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paolo Pezzi naceu o 8 de agosto de 1960 en Russi, un concello da provincia de Rávena. (Italia). Entre 1985 e 1990 estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade de San Tomé Aquino, e posteriormente foi ordenado sacerdote da Fraternidade Sacerdotal dos Misioneiros de San Carlos Borromeo o 22 de decembro de 1990, polo vigairo xeral de Roma Ugo Poletti. Posteriormente doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Lateranense.

Traballou en Rusia dende 1993, e chegou a ser reitor do seminario maior de San Petersburgo.

O 21 de setembro de 2007, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano da Nai de Deus en Moscova. Recibiu a consagración episcopal o 27 de outubro, na catedral da Inmaculada Concepción de Moscova, de mans do seu predecesor Tadeusz Kondrusiewicz.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cattolici in Siberia: le origini, le persecuzioni, l'oggi. La casa di Matriona. 1999. 
  • Chiesa Cattolica e nuova evangelizzatione in Siberia. Pontificia Universidade Lateranense. 2005. 
  • Guardare ciò che accade. Marietti. 2010. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
 Arcebispo metropolitano da Nai de Deus en Moscova 
2007 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)