Joseph Cotten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Cotten
Nome completoJoseph Cheshire Cotten
Nacemento15 de maio de 1905
LugarPetersburg
Falecemento6 de febreiro de 1994
LugarOs Ánxeles
Causacâncer de cabeça e pescoço e pneumonía
SoterradoVirxinia
NacionalidadeEstados Unidos de América
Cónxuxe(s)Patricia Medina
Profesiónactor de cinema, guionista, autobiógrafo, actor de teatro, actor de televisión, locutor de radio e actor
Na rede
IMDB: nm0001072 Allocine: 1414 Rottentomatoes: celebrity/joseph_cotten Allmovie: p15270 TCM: 39836 IBDB: 36425
Musicbrainz: a4d14c8a-251c-4936-8902-e2ded8667862 Discogs: 1202089 WikiTree: Cotten-272 Find a Grave: 1814 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joseph Cheshire Cotten, Jr., nado en Petersburg (Virxinia) o 15 de maio de 1905 e finado nos Ánxeles (California) o 6 de febreiro de 1994, foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como axente publicitario e crítico teatral, polo que entrou en contacto co mundo artístico, debutando en Broadway en 1930. En 1934 coñeceu e fíxose amigo do seu compañeiro Orson Welles, entrando na súa compañía teatral. En 1941 debutou no cinema con Cidadán Kane, dirixida por Welles, no papel de Jebediah Leland, mellor amigo de Kane. Este filme lanzou a carreira do grupo de actores da compañía, sendo Cotten o único que porén chegou a actor protagonista en Hollywood.

Durante a década de 1940 participou en moitos filmes de grande éxito, como Shadow of a Doubt ou Duel in the Sun. Na década seguinte, coa súa carreira cinematográfica estancada, triunfou na televisión coa serie On Trial (logo renomeada The Joseph Cotten Show).

En 1960, tras o pasamento da súa primeira esposa vítima da leucemia casou coa actriz británica Patricia Medina.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cotten, Joseph (1987). Mercury House, ed. Vanity Will Get You Somewhere. ISBN 0-86287-334-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]