Soylent Green
Soylent Green | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Soylent Green |
Director | Richard Fleischer |
Produtor | Walter Seltzer Russell Thacher |
Guión | Stanley R. Greenberg |
Baseado en | Make Room! Make Room! de Harry Harrison |
Intérpretes | Charlton Heston Leigh Taylor-Young Chuck Connors Joseph Cotten Brock Peters Paula Kelly Edward G. Robinson |
Música | Fred Myrow |
Fotografía | Richard H. Kline |
Montaxe | Samuel E. Beetley |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 19 de abril de 1973 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción, cinema negro |
Na rede | |
Soylent Green é unha película estadounidense de 1973, de xénero suspense distópico, dirixida por Richard Fleischer e protagonizada por Charlton Heston e Leigh Taylor-Young. Edward G. Robinson aparece no seu último filme. Baseado libremente na novela de ciencia ficción de 1966 Make Room! (en galego, Fai sitio!) de Harry Harrison, que combina dous xéneros: policial procesual e ciencia ficción; a investigación sobre o asasinato dun home de negocios e un futuro distópico de océanos extintos debido ao efecto invernadoiro, que orixina contaminación, pobreza, superpoboación, eutanasia e recursos esgotados. [1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]No ano 2022, a cidade de Nova York ten 40 millóns de habitantes. Para alimentar as innúmeras persoas pobres e desempregadas, existen tabletas verdes chamadas Soylent Green, producidas nun principio grazas á industrialización das algas. Só os ricos teñen acceso a alimentos raros como carnes, froitas e verduras.
Cando un rico empresario da Soylent Corporation Industries é asasinado no seu luxoso apartamento, o detective Robert Thorn comeza a investigar. De inmediato sospeita do seu garda-costas, quen asegura ter saído no momento do crime. Despois de interrogalo, Thorn vai ao seu apartamento e atopa cousas sospeitosas, como unha culler cos restos do carísimo amorodo. Mentres Thorn persegue o garda-costas, a súa parella Sol comeza a investigar os rexistros e papeis do empresario morto. Acaba descubrindo unha verdade sorprendente sobre a tableta verde.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Saturno - Golden Scroll 1975 á mellor película de ciencia ficción.
- Premio do festival de cine fantástico de Avoriaz 1974: Gran premio a Richard Fleischer.
- Premio Nébula 1974 á mellor representación dramática.
- Nomeada ao Premio Hugo 1974 á mellor representación dramática.
Impacto na cultura popular
[editar | editar a fonte]O filme gañou fama por ser unha das primeiras producións que tratou o tema da ruptura do equilibrio ecolóxico e que ofrece a súa particular visión sobre o desenvolvemento tecnolóxico e as súas interconexións coa política. Expresou as preocupacións dos anos 70, cando comezou a aparecer na mente da xente a idea dun futuro negativo, o que tamén se reflectiu en filmes posteriores como Blade Runner (1982) ou Terminator (1984).[2]
"Soylent Green" é mencionado en varias series de televisión, cancións, videoxogos, curtas e películas, tanto para efectos dramáticos como cómicos<
- En Futurama, ambientada no ano 3000, varios capítulos fan referencia a produtos alimenticios baseados en "Soylent", como "Soylent cola" (cuxo sabor, segundo Leela, " depende da persoa"), e noutro capítulo o Soylent Green é "o básico da cociña gourmet".
- En The Simpsons, no capítulo Bart to the Future, Homer ofrece a Bart un bocadillo Soylent Green, e no episodio Itchy & Scratchy: The Movie di: "Mmmm... Soylent green". Noutro episodio o avó Simpson parodia unha escena de eutanasia na película.
- No cómic "El listo" de Xavier Ágeda, menciónase a Soylent green no panel titulado "Cuando nos llega el destino" publicado en Listocomics.com<
- No xogo Xenogears de PSX as depuradoras de Soylent modifican o ser humano.
- A canción "Soylent Green" de Wumpscut (Music for a Slauthering Tribe 2) refírese a carne humana.<
- Na serie de televisión Millennium, o personaxe Frank Black, para acceder ao seu ordenador, ten que pronunciar a frase: "Green coockies are green".
- No videoxogo Left 4 Dead 2 nun dos diálogos Zoey di: "Adeus, o Green Soylent está feito de humanos".
- Na curtametraxe "Fuego en las radios" de Cinesín, o anunciante patrocinador é Soylent Green.
- A canción Chiron Beta Prime de Jonathan Coulton fai referencia ao Soylent como ingrediente para unha torta.
- A canción "Soylent Green" de Iced Earth.
- Soilent Green (sic) é un grupo de grindcore de Luisiana.
- Na película Cloud Atlas, un personaxe fai referencia ao Soylent Green feito de humanos.
- En 2013, o empresario tecnolóxico Rob Rhinehart creou un composto nutricional que chamou Soylent coa intención de substituír a nutrición tradicional para, presumibelmente, proporcionar nutrición completa.
- No xogo Surviving Mars hai unha parte chamada Soylent Green e o que fai é converter os corpos dos colonos falecidos en comida.
- No universo de Warhammer 40.000 hai un alimento reciclado dos corpos dos cidadáns imperiais que se usa principalmente como ración militar, chámase "Corpse Starch".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Locus Online: John Shirley on Soylent Green". 23 de setembro de 2007.
- ↑ / Cuando el destino nos llega Arquivado 22 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán) ABC. Consultado o 22 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soylent Green |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Soylent Green» en AllMovie (en inglés)
- «Soylent Green» en Rotten Tomatoes (en inglés)
- Resumo do filme(UnlikelyStories) (en inglés)
- Resumo de SciFlicks.com (en inglés)
- Clip de son "Soylent green is people" de SciFlicks.com (en inglés)
- Resumo de SCIFI.com Arquivado 25 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Información de IMDB sobre remake. (en inglés)