Josefa de Óbidos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Josefa de Ayala Figueira c. 1630 Sevilla (Coroa de Castela) |
Morte | 22 de xullo de 1684 (53/54 anos) Óbidos (Reino de Portugal) |
Pintora de cámara | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Josefa de Óbidos |
Actividade | |
Lugar de traballo | Óbidos |
Ocupación | pintora, artista |
Período de actividade | 1645 - 1684 |
Xénero artístico | Natureza morta |
Influencias | |
Familia | |
Pai | Baltazar Gomes Figueira |
Parentes | Bernabé de Ayala, tío |
Descrito pola fonte | Grandes Mestras das Artes (pt) , (p.103) Concise Dictionary of Women Artists (en) |
Josefa de Óbidos, de nome Josefa de Ayala Figueira, nada en Sevilla en febreiro de 1630 e finada en Óbidos o 22 de xullo de 1684, foi unha pintora española que viviu e produciu en Portugal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla de Baltazar Gomes Figueira, pintor portugués natural de Óbidos, con obra en Évora, que fora traballar en Sevilla, onde casou con D. Catarina de Ayala Camacho Cabrera Romero, natural da Andalucía. Foi apadriñada polo pintor español Francisco Herrera, El Viejo.
En 1634, cando tiña apenas catro anos de idade, os pais de Josefa regresan a Portugal, onde foran estabelecerse na Quinta da Chapeleira, en Óbidos. Alí a nena foi educada, manifestando dende cedo, vocación para a pintura e para a gravados en metal, en láminas de cobre e prata, nun xénero denominado como pontiño.
Foi especialista na pintura de flores, froitas e obxectos inanimados. A influencia exercida polo barroco tornárana unha artista con intereses diversificados, téndose dedicado, alén da pintura, á estampa, aos gravados, á modelaxe do barro, ao deseño de figurinos, de tecidos, de accesorios varios e a arranxos florais.
En 1653, aos 19 anos de idade, fixo o gravado da edición dos Estatutos de Coimbra. Traballou en seguida como pintora para diversos conventos e igrexas. Na Capela do Noviciado do Convento de Varatojo había unha excelente Nosa Señora das Dores e no coro un Menino Xesús, cadros que lle atribuídos a ela. Tamén existen cadros seus no Mosteiro de Alcobaça, no Mosteiro da Batalha, en Vale Bem-Feito no Mosteiro de San Xerónimo, en Évora, onde existe un Cordeiro engrinaldado de flores, que pasa por ser un dos seus mellores traballos.
Como retratista da Familia Real Portuguesa, destácanse os seus retratos da raíña D. María Francisca Isabel de Savoia, esposa de D. Pedro II, e da súa filla, a princesa D. Isabel, que foi noiva de Vítor Amadeu, duque de Savoia, a quen ese retrato foi enviado.
A Academia de Belas Artes tamén posúe un cadro de Josefa de Óbidos.
Tendo vivido case sempre na Quinta da Capeleira, a súa reputación que granxeou era de tal orde que moitos dos que ían tomar baños ás Caldas da Rainha se desviaban do seu camiño para iren a Óbidos cumprimentala.
O seu irmán Barnabé de Ayalla tamén foi pintor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josefa de Óbidos |