Óbidos, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°21′29″N 9°9′28″O / 39.35806, -9.15778

Óbidos, Portugal
Pt-obd1.png OBD.png
Óbidos view592.jpg
Vista da cidade.
Situación xeográfica
Óbidos en Portugal
Óbidos
Óbidos
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Centro
Subrexión Oeste
Distrito Leiria
Xeografía
Altitude 221 msnm
Superficie 141,55 km²
Poboación
Poboación 11.772 hab. (2011)
Densidade 83 hab/km²
Xentilicio Obidense
Información
Código postal
Alcalde Telmo Henrique Correia Daniel Faria (PPD-PSD
Páxina web www.cm-obidos.pt

Óbidos é unha vila portuguesa do distrito de Leiria, na rexión Centro e subrexión do Oeste, na antiga provincia de Extremadura. Forma parte tamén da Rexión de Turismo do Oeste, con cerca de 3.100 habitantes.

É capital dun concello de 142,17 km² de área e con 11.187 habitantes (2004), subdividido en 9 freguesías. O municipio está limitado a nordeste e leste polo das Caldas da Rainha, ao sur polo de Bombarral, a suroeste pola Lourinhã, a oeste por Peniche e a noroeste ten costa no Océano Atlántico.

Freguesías[editar | editar a fonte]

As parroquias de Óbidos son as seguintes:

Étimo do nome[editar | editar a fonte]

Ao contrario do que se poida pensar, o nome Óbidos non deriva da parónima óbitos, senón do termo latino oppidum, significando «cidadela», «cidade fortificada», mais a evolución lingüística non é portuguesa, senón propia de romances mozárabes. Nas súas proximidades érguese a poboación romana de Eburobrittium.

Historia[editar | editar a fonte]

Óbidos desde o castelo da vila.

Foi tomada aos mouros en 1148, e recibida a primeira carta foral en 1195, sob o reinado de D. Sancho I. Óbidos era parte do dote de inúmeras raíñas de Portugal, salientando Urraca de Castela (esposa de D. Afonso II), santa Isabel de Portugal (esposa de D. Dinís), Filipa de Lencastre (esposa de D. João I), Leonor de Aragón (esposa de D. Duarte), Leonor de Portugal (esposa de D. João II), entre outras.

No 1527, vivían 161 habitantes na vila, o que correspondería a cerca de 1/10 da poboación do municipio. A área amurallada era xa nesa época idéntica á actual, ou sexa, 14,5 ha.

Foi de Óbidos onde naceu o concello das Caldas da Rainha, anteriormente chamado de Caldas de Óbidos (a mudanza do determinativo debeuse ás tempadas que aí pasou a raíña Dª. Leonor).

O 16 de febreiro de 2007, o castelo da cidade recibiu o diploma de candidata como unha das sete marabillas de Portugal.

Patrimonio monumental[editar | editar a fonte]

A peculiar arquitectura de Óbidos, con rúas estreitas e casas pintadas de branco, ten atraído o turismo para a localidade, de xeito que todo o casco urbano intramurallas é digno de ser visitado. Con todo cómpre salientar os seguintes sitios de interese:

  • Pelouriño de D. Xoán II.
  • Casa do Telheiro.
  • Igrexa de Santa María, orixinada en época moi anterior, foi totalmente modificada no século XVI, con pinturas de notables portugueses como Joâo da Costa, Baltasar Gomes Figueira e a española Josefa de Óbidos.
  • Igrexa da Misericordia, barroca.
  • Igrexa de San Pedro, retablo con pinturas de Joâo da Costa.
  • Castelo, que conserva elementos antigos, e coa igrexa de Santiago, modificada en sucesivas épocas.
  • Museo Municipal, posúe restos arqueolóxicos e artísticos, como as pinturas de Josefa de Óbidos.

Fóra das murallas:

  • Igrexa de San Xoán Bautista, tamén con obras de Josefa de Óbidos.
  • Santuario do Xesús da Pedra, interesante templo barroco con planta central.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Castelo de Óbidos.  
Unha das entradas.  
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óbidos, Portugal Modificar a ligazón no Wikidata