Joseba Sarrionandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Joseba Sarrionaindia")
Joseba Sarrionaindia Uribelarrea
Joseba Sarrionandia.jpg
Datos persoais
Nacemento 13 de abril de 1958
Lugar Iurreta, Biscaia País Vasco País Vasco
Actividade
Lingua Éuscaro
Xéneros Poesía, Ensaio

Joseba Sarrionandia Uribelarrea, Sarri, nado en Iurreta (Biscaia) o 13 de abril de 1958, é un poeta e filólogo vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filoloxía vasca na Universidade de Deusto e foi profesor de fonética na UNED. Publicou os seus primeiros escritos en revistas vascas como Pott, Zeruko Argia, Anaitasuna, Jakin, Oh Euzkadi, Ibaizabal e nos xornais Egin e Egunkaria. Foi tamén tradutor ao éuscaro de diversas obras literarias, como as de T. S. Eliot. O poemario Izuen Gordelekuen Barrena (Dentro dos agochamentos dos medos), foi o seu primeiro libro publicado.

No 1980 foi condenado a 22 anos de cárcere pola súa pertenza á ETA. Cinco anos máis tarde fuxiu xunto a outro preso etarra, Iñaki Pikabea, da cadea de Martutene, agochado nunha pantalla acústica tras un concerto do cantante Imanol. A fuxida inspirou a famosa cantiga "Sarri, Sarri" do grupo vasco Kortatu. Dende entón está en paradeiro descoñecido malia que segue a publicar libros. No 2001 recibiu o Premio Nacional da Crítica de narrativa en éuscaro, outorgado pola Asociación Española de Críticos Literarios.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Izuen gordelekuetan barrena (Dentro dos agochamentos dos medos), 1981.
  • Narrazioak (Narracións), 1983.
  • Intxaur azal baten barruan. Eguberri amarauna, 1983.
  • Alkohola poemak, 1984.
  • Ni ez naiz hemengoa (Eu non son de aquí), 1985.
  • Atabala eta euria (Chuva e tamboril), 1986.
  • Marinel zaharrak (Os vellos mariñeiros), 1987.
  • Marginalia, 1988.
  • Ez gara geure baitakoak (Non somos de nós mesmos), 1989.
  • Izeba Mariasunen ipuinak, 1989.
  • Ainhoari gutunak, 1990.
  • Ifar aldeko orduak (As horas do norte), 1990.
  • Gartzelako poemak (Poemas do cárcere), 1992.
  • Han izanik hona naiz (Tendo estado alí, veño aquí), 1992.
  • Hnuy illa nyha majah yahoo, 1995.
  • Miopeak, bizikletak eta beste langabetu batzuk, 1995.
  • Hitzen ondoeza (O malestar das palabras), 1997.
  • Hau da nire ondasun guzia, 1999.
  • Zitroi ur komikiak: Joseba Sarrionandia komikitan, 2000.
  • Lagun izoztua (O compañeiro conxelado), 2001.
  • XX. mendeko poesia kaierak: Joseba Sarrionandia, 2002.
  • Kolosala izango da (Vai ser mundial), 2003.
  • Akordatzen (Lembrando), 2004.
  • Harrapatutako txorien hegalak, 2005.
  • Munduko zazpi herrialdetako ipuinak, 2008.
  • Gau ilunekoak, 2008.
  • Idazlea zeu zara, irakurtzen duzulako, 2010.
  • Moroak gara behelaino artean?, 2010.
  • Narrazio guztiak (1979-1990), 2011.
  • Tempo de exilio, 2014. Escolma traducida ao galego por Isaac Xubín.
  • Durangoko Azoka 1965-2015, 2015.
  • Lapur banden etika ala politika, 2015.