José Sevil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Sevil
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Abiego Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Checoslovaquia Editar o valor em Wikidata
Comisario político 1ª Brigada Mista (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRicardo
Valenciano Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia , oficial Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Popular da República Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

José Ricardo Sevil Sevil, coñecido como Ricardo ou Valenciano, nado en Abiego (provincia de Huesca) en 1911 e finado en Checoslovaquia, foi un militar e guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante das Juventudes Socialistas Unificadas, na guerra civil foi nomeado comisario político da 1ª Brigada Mixta, logo do ascenso de Santiago Álvarez ao posto de comisario da 11 División.[1] Logo foi comisario da 45° División. Exiliado na URSS, participou na defensa de Moscova contra os nazis integrado nunha unidade de guerrilleiros como comisario político. En 1947 abandonou a Unión Soviética e trasladouse a Francia. Foi enviado a Galicia o 31 de outubro de 1949 como secretario xeral do PCE de Galicia coa misión de aplicar as consignas de desmilitarización da guerrilla e de entrismo no sindicato vertical, xunto con Valentín Fernández González. Os poucos guerrilleiros activos non estaban dispostos a obedecer as ordes de ser enviados ao estranxeiro. Substituíu a Manuel Fernández Soto como secretario do Comité Rexional e organizou o novo Comité con Melchor Díaz como secretario de organización, Valentín Fernández González, responsable do traballo no Exército e na Mariña, Francisco Rey Balbís, secretario de propaganda, Francisco Martínez Leira, delegado de Ferrol, José Antonio Cortiñas Blas (M. Vega), delegado da Coruña, un delegado de Pontevedra e O Madrileño, delegado de Vigo. No verán de 1951 aconselláronlle marchar a Francia para escapar da represión. Despois instalouse en Checoslovaquia, onde finou.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Lidia Servil, que casou con Pedro García Iglesias en Checoslovaquia.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]