José Sarmiento Valladares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
José Sarmiento de Valladares
Primeiro Duque de Atrisco
JoseSarmientoyValladares,condedeMoctezuma.jpg
Vicerrei da Nova España
decembro de 1696 - novembro de 1701
Predecesor Juan de Ortega y Montañés
Sucesor Juan de Ortega y Montañés

Nacemento bautizado o 4 de maio de 1643
S. Román de Saxamonde, Redondela
Falecemento 10 de setembro de 1708
Madrid

José Sarmiento de Valladares y Arines, primeiro duque de Atrisco,[1] bautizado o 4 de maio de 1643 en San Román de Saxamonde, Redondela, e finado o 10 de setembro de 1708 en Madrid, foi vicerrei de Nova España.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Igrexa, único elemento que queda do pazo de S. Román, onde viviu José Sarmiento de Valladares.

Foi o segundo fillo de Gregorio Sarmiento de Valladares e a súa curmá Juana Sarmiento; e sobriño de Diego Sarmiento de Valladares, bispo e inquisidor xeneral.[3] O seu irmán máis vello, Luis Sarmiento de Valladares, foi o primeiro marques de Valladares.

Casou entre 1688 e 1689 cunha cuarta neta do gobernante azteca Moctezuma, Jerónima María de Moctezuma, III condesa de Moctezuma de Tultengo († novembro de 1692), coa que tivo dúas fillas, Fausta Dominga († 1697) e Melchora Juana († 1717), sucesivas condesas de Moctezuma, que non tiveron descendencia. Despois de enviuvar, casou en segundas nupcias, en xaneiro de 1694 en Madrid, con María Andrea de Guzmán e Dávila († 1709), filla dos Marqueses de Astorga, coa que tivo unha filla, Bernarda Dominica Sarmiento de Valladares e Guzmán († 1752), que casou dúas veces e non tivo descendencia.

Designado vicerrei en decembro de 1696, tomou posesión do cargo en febreiro de 1697. Ese mesmo ano concedeu permiso oficial aos xesuítas Juan María de Salvatierra e Eusebio Francisco Kino, para emprender novas actividades misioneiras e de exploración territorial da Baixa California.[4] Autorizou o consumo de pulque polos indíxenas.

Foi o derradeiro vicerrei que serviu á Casa de Austria. En 1702 participou na Batalla de Rande.[5] En decreto de 17 de novembro de 1704, recollido en Real Despacho de 17 de abril de 1708,[6] Filipe V outorgoulle o título de duque de Atrisco, con Grandeza de España de primeira clase.[7][8]


Predecesor:
Juan de Ortega y Montañés
 Vicerrei de Nova España 
decembro de 1696 - novembro de 1701
Sucesor:
Juan de Ortega y Montañés

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]