Diego Sarmiento Valladares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auto de fe o 30 de xuño de 1680 na Praza Maior de Madrid. Nesta pintura de 1683 de Francisco Rizi, conservada no Museo do Prado, aparecen representados Carlos II, María Luisa de Orleans, Mariana de Austria e Diego Sarmiento de Valladares.

Diego Sarmiento de Valladares, nado, segundo as fontes en 1609,[1] 1611 ou 1616[2] en Vigo[2] ou Redondela[1] e finado o 29 de xaneiro de 1695 en Madrid, foi un relixioso galego que chegou a ser bispo de Oviedo e Plasencia e Gran Inquisidor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diego pertencía a unha familia nobre galega, era fillo de Luís Sarmiento, señor de Valladares, e de Inés de Arines Troncoso, señora de Camos. O seu parente José Sarmiento Valladares foi vicerrei da Nueva España.[3]

Publicou Compulsa de las bulas de Gregorio XV y Clemente VII relativas a la prelacía y presidencia del estado eclesiástico, en Valladolid, en 1656.[1]

O 30 de xaneiro de 1668 recibiu o cargo de bispo de Oviedo. O seu mandato durou pouco, pois trasladouse a Plasencia para ser nomeado bispo alí o 17 de setembro de 1668, ocupando o cargo ata o 26 de abril de 1677.

En 1668 foi designado presidente do Consello de Castela en substitución do defunto Diego Riquelme de Quirós,[4] e en 1669 sucedeu ao destituído Juan Everardo Nithard no cargo de inquisidor xeral, e nese posto dirixiu o auto de fe de 1680.[5]


Predecesor:
Ambrosio Espínola de Guzmán
Bispo de Oviedo
1668
Sucesor:
Afonso de Salizanes y Medina
Predecesor:
Diego Riquelme de Quirós
Bispo de Plasencia
1668 - 1677
Sucesor:
Juan Lozano
Predecesor:
Diego Riquelme de Quirós
Presidente do Consello de Castela
1668 - 1669
Sucesor:
Pedro de Guzmán
Predecesor:
Juan Everardo Nithard
Inquisidor xeral
1669 - 1695
Sucesor:
Juan Tomás de Rocabertí

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]