José Ricardo Díaz Pardeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Ricardo Díaz Pardeiro
Pardeiro02.jpg
Nacemento1950
 O Valadouro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

José Ricardo Díaz Pardeiro, nado en Ferreira do Valadouro, O Valadouro, é un escritor e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten publicado diversos libros e traballos de investigación histórica e colaborado en xornais como La Voz de Galicia e La Opinión, nos que analiza a historia da Coruña. Aplica a socioloxía histórica á análise da sociedade, tomando como fonte histórica o teatro, unha manifestación do lecer e do tempo libre que serviu para estudar a sociedade coruñesa desde 1882 a 1915, con resultados semellantes aos empregados con outras fontes económicas ou políticas.

Colaborou nos estudos sobre a figura do dramaturgo coruñés Manuel Linares Rivas, dirixidos por Fidel López Criado, profesor de Literatura Española da Universidade da Coruña. Realizou un ensaio sobre a figura de Wenceslao Fernández Flórez, Un escritor de pensamento liberal, no que estuda a ideoloxía do escritor de Cecebre a raíz da súa obra O malvado Carabel, que confirma o talante liberal e crítico de Fernández Flórez, en contraposición coa idea que del se tiña de ser un escritor de pensamento ultraconservador.

Na actualidade exerce como catedrático de Xeografía e Historia no IES Eusebio da Guarda da Coruña.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La vida cultural en La Coruña: El Teatro, 1882-1915 [1]
  • Crónicas coruñesas [2][3]
  • Miscelánea Coruñesa [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Díaz Pardeiro, José Ricardo. La vida cultural en La Coruña : El teatro, 1882-1915. La Coruña: La Voz de Galicia, 1992. ISBN 8488254008 WorldCat
  2. Díaz Pardeiro, José Ricardo. Crónicas coruñesas. Biblioteca gallega. La Coruña: La Voz de Galicia, 1994. ISBN 8488254393 WorldCat
  3. Books of José Ricardo Díaz Pardeiro en "Google Books".
  4. Díaz Pardeiro, José Ricardo, Xosé Fernández Fernández e Jesús María Reiriz Rey. Crónicas Coruñesas. La Coruña: La Voz de Galicia, 1994. ISBN 8492124075 WorldCat