José Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Paz
Biografía
Nacemento12 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata
A Corna, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 2021 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , pedagogo , escritor Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 333196

José Paz Rodríguez, nado na Corna (Piñor) o 12 de abril de 1948[1] e finado en Vigo o 23 de abril de 2021, foi un profesor, pedagogo e escritor galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid, doutorouse na UNED cunha tese sobre Tagore.

Foi profesor en Ourense entre o 1969 e o 2010. Comezou exercendo de mestre[3] e pasou á Normal na que foi Director e Vicedirector. Docente da Universidade de Vigo, Facultade de Educación de Ourense, colaborador na Visva-Bharati University[4] na área de Didáctica e Organización escolar e profesor titor de Pedagoxía e Didáctica na UNED de Pontevedra.

Durante máis de trinta anos foi unha figura importante na cultura da cidade de Ourense, sempre moi ligado ao Cineclube Padre Feijoo. Organizou o programa “Ourense Lúdico” durante 18 anos e 27 edicións da Escola Internacional de Verán “Jornadas do Ensino de Galiza e Portugal”.[5]

Dedicoulle parte da vida a estudar a figura de Rabindranath Tagore, chegando a reunir unha biblioteca de máis de trinta mil volumes sobre el. En vida non quixo que a súa biblioteca fose para a Cidade da Cultura ou a Casa da India de Valladolid, procurando que quedase en Ourense.[2]

Colaborador de Todo literatura con artigos sobre Tagore; tamén de Revista Padres y Maestros / Journal of Parents and Teachers, Agália, Revista de Pedagogía, Perspectiva escolar, Papeles da la India, Boletim da Academia Galega da Lingua Portuguesa, The Visva-Bharati Quarterly: New Series, Leer, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, Cadernos do Povo. Colaborador de La Región con artigos varios[6] e en Nós Diario,[7] Portal Galego da Língua, A Nosa Terra, El Correo Gallego, A Peneira, Semanário Minho, Faro de Vigo, Teima, Tempos Novos, Bisbarra.[8]

Destacado defensor da corrente lusista, foi membro da AGAL e da Academia Galega da Língua Portuguesa, colaborador destacado do Portal Galego da Língua, encargado da sección “Aulas de cinema”.[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "Castelao, a escola e o ensino", en Actas Congreso Castelao. Tomo I: (Santiago de Compostela, 24-29 de novembro de 1986) (1989) / Justo G. Beramendi (ed. lit.), Ramón Villares (ed. lit.), Páxs. 425-432. ISBN 84-7191-568-5.
  • "Guía docente de Didáctica xeral". En Unha educación social en perspectiva europea I: o proxecto piloto para a implantación do sistema de créditos europeos (ECTS) en primeiro curso de educación social (2007). Coord. por Xosé Manuel Cid Fernández; M. Carmen Benso Calvo (aut.). Páxs. 29-52. ISBN 978-84-8408-449-5.
  • "La Recepción de Tagore en España, Portugal y América Latina". En Redescubriendo a Tagore: 150 aniversario del nacimiento del poeta indio (2011). Coord. por Shyama Prasad Ganguly, Indranil Chakravarty. Páxs. 242-263. ISBN 978-81-921843-1-9
  • "Brazil". En Rabindranath Tagore: One Hundred Years of Global Reception (2014). Martin Kämpchen (aut.), Bangha Imre (aut.), Uma Das Gupta (aut.). Páxs. 568-576. ISBN 978-81-250-5568-6.
  • "Portugal and Galicia: Portuguese-Speaking Regions II". En Rabindranath Tagore: One Hundred Years of Global Reception (2014). Martin Kämpchen (aut.), Bangha Imre (aut.), Uma Das Gupta (aut.). Paxs. 499-508. ISBN 978-81-250-5568-6.
    • "Goa, Angola and Mozambique: Portuguese-Speaking Regions I". Páxs. 192-201.
  • "Rabindranath Tagore, Zenobia Camprubí Aymar and Juan Ramón Jiménez". En Rabindranath Tagore And His Circle. (2015). Tapati Mukhopadhyay (ed. lit.), Amrit Sen (ed. lit.). Páxs. 69-78. ISBN 978-81-7522-601-2.
  • "Tagore´s Educational Model and its Relation with the New School Movement". En Rabindranath Tagore: A mind Staring into Infinity (2016). Coord. por Chhanda Chatterjee. Páxs. 87-103. ISBN 978-93-84082-82-6.
  • "Los admiradores de Tagore en España". En Encuentros culturales Indo-Españoles (1956-2016): Impactos y Visiones (2017). Coord. por Anil K. Dhingra, Gonçal Artur López Nadal. Páxs. 367-396. ISSN 1-901849-8-9.

Coordenador[editar | editar a fonte]

  • SpyanishvashI dunia O Robindranath (2016). Obosor. Trad. Torum Kumar Ghotok. ISBN 978-984-8797-47-1.
    • Amar Tagore, amar Santiniketon. Páxs. 224-234.
    • Rabindranath ebong notun sikkhacinta. Páxs. 235-239.
    • Rabindranath, mukto sikkhaprotisthan ebong Paul Geheeb-er Sikkhaloy. Páxs. 240-248.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cumpleaños 12-04-2021". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  2. 2,0 2,1 Sobrado, J.G. (2021-04-23). "José Paz Rodríguez, una vida dedicada a la educación y a la obra de Rabindranath Tagore". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  3. Banhos Campo, Alexandre. "No passamento do companheiro e amigo José Paz Rodrigues". pgl.gal. Consultado o 26/04/2021. 
  4. "Visva-Bharati University - Índice de autores". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  5. Fuente, Sandra De la (2021-04-23). "Muere José Paz, el profesor ourensano que dedicó su vida al estudio de Tagore". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  6. Región, La. "La Región Diario de Ourense y su provincia, fundado en 1910.". La Región (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  7. Diario, Nós. "Vicente Risco, descobridor de Tagore na Península". Nós Diario. Consultado o 2021-04-25. 
  8. "José Paz Rodrigues, Autor em Portal Galego da Língua - PGL.gal". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-25. 
  9. "Falece José Paz, histórico reintegracionista e colaborador deste portal". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). 2021-04-23. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-25.