José Luis Iglesias Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iglesias
Información persoal
Nome José Luis Iglesias Lago
Nacemento 23 de novembro de 1934
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 21 de setembro de 2015
Lugar de falecemento Punto Fijo
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957 Falcón
1960 Deportivo Portugués (9)
1960–1966 Pontevedra 99 (26)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Luis Iglesias Lago, nado en Vigo o 23 de novembro de 1934 e finado en Punto Fijo, Venezuela, o 21 de setembro de 2015, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Vigo emigrou coa súa familia a Venezuela, instalándose en Punto Fijo, Falcón. No país caribeño xogou no Falcón e logo no Deportivo Portugués, co que conquistou a Primeira División de Venezuela en 1960, sendo ademais o máximo goleador do campionato.[1][2]

Volveu a Galicia en 1960 fichando polo Pontevedra CF, que acababa de ascender a Segunda División. Tres anos despois conseguiu o ascenso a Primeira División, o primeiro na historia do club.

Na tempada 1963–64 debutou en Primeira División co Pontevedra, participando en 15 partidos de liga e marcando 3 goles. Foi o primeiro xogador do Pontevedra en marcarlle un gol ao Real Madrid.[3] Ocorreu na xornada 8 no Estadio Santiago Bernabéu, cando Iglesias bateu a Araquistain no minuto 53, aínda que o equipo madrileño acabou gañando o partido por 3-1 con goles de Di Stéfano, Puskás e Gento.[4] Ese ano o equipo galego descendeu a Segunda División.

Volveu participar dun novo ascenso na tempada 1964/65, na que anotou 8 goles, e ao remate da 1965–66 deixou o equipo. Disputou un total de 112 partidos co equipo granate e marcou 26 goles.

Regresou a Venezuela, onde rexentou en Punto Fijo unha tenda de xoias e regalos chamada Regalos Iberia. Faleceu en dita cidade o 21 de setembro de 2015, aos 80 anos de idade.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou o 7 de xuño de 1964 con María Esther Barreiro Vega na igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez, Eliézer. "Falcón gritó campeón en Punto Fijo y Barcelona" (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  2. Salcedo Leal, Carla (8 de novembro de 2014). "Deportivo Portugués: el equipo de los récords" (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Fallece en Venezuela la leyenda granate José Luis Iglesias a los 80 años" (en castelán). 22 de setembro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  4. "Real Madrid - Pontevedra 1963". BDFutbol (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  5. "Iglesias y Ribada contraen Matrimonio". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de xuño de 1964. Consultado o 31 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]