José Fernando Vila Brión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Fernando Vila Brión
Datos persoais
 Xuño, Porto do Son
OrganizaciónUCD e Partido Popular de Galicia
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
ProfesiónFarmacéutico
editar datos en Wikidata ]

José Fernando Vila Brión, nado en Xuño, Porto do Son o 21 de xuño de 1938,[1] é un químico, farmacéutico e político galego que foi alcalde do concello de Dodro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse e doutorouse en Ciencias Químicas, e licenciouse en Farmacia, na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Foi presidente da Fundación Hospital Médico Cirúrxico Provincial de Santiago, en Conxo, e conselleiro xeral de Caixa Galicia.[1]

Foi alcalde de Dodro durante vinte e oito anos, dende as primeiras eleccións municipais do presente período democrático (1979) cando encabezou a candidatura de UCD, pasando en 1983 á Coalición Popular, en 1987 á CPG e dende as municipais de 1991 ao PPdeG, até as municipais de 2007, nas que non se presentou á reelección. Isto convérteo no alcalde de Dodro co mandato máis longo da historia do concello. Compaxinou a alcaldía co oficio de farmacéutico, que segue a realizar na actualidade.


Predecesor:
Manuel Morales Pérez
 Escudo de Dodro.svg
Alcalde de Dodro
 
1979 - 2007
Sucesor:
Arturo Díaz Díaz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Vila Brión, José Fernando, en VV.AA. (2002): Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S. A. ISBN 84-8064-113-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]