Saltar ao contido

Fernando Vila Brión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Vila Brión
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1938 Editar o valor en Wikidata
Xuño Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Padrón Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Dodro
1979 – 2007 – Arturo Díaz → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: 981013404668507712 Dialnet: 3031912

José Fernando Vila Brión, nado en Xuño (O Porto do Son) o 21 de xuño de 1938[1] e finado en Padrón o 22 de febreiro de 2021,[2][3] foi un químico, farmacéutico e político galego que foi alcalde do concello de Dodro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse e doutorouse en Ciencias Químicas, e licenciouse en Farmacia, na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Foi presidente da Fundación Hospital Médico Cirúrxico Provincial de Santiago, en Conxo, e conselleiro xeral de Caixa Galicia.[1]

Foi alcalde de Dodro durante vinte e oito anos, dende as primeiras eleccións municipais do presente período democrático (1979) cando encabezou a candidatura de UCD, pasando en 1983 á Coalición Popular, en 1987 á CPG e dende as municipais de 1991 ao PPdeG, até as municipais de 2007, nas que non se presentou á reelección. Isto convérteo no alcalde de Dodro co mandato máis longo da historia do concello. Compaxinou a alcaldía co oficio de farmacéutico.

  1. 1 2 3 Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vila Brión, José Fernando". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 594-595. ISBN 84-8064-113-4.
  2. ↑ López, Uxía (22-02-2021). "Falece aos 82 anos Fernando Vila Brión, exalcalde de Dodro". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
  3. ↑ Arca (22-02-2021). "Faleceu onte o exalcalde de Dodro Fernando Vila". El Correo Gallego. Consultado o 23 de febreiro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Morales Pérez
 
Alcalde de Dodro
 
1979 - 2007
Sucesor:
Arturo Díaz Díaz