José Augusto Seabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Augusto Seabra
Biografía
Nacemento(pt) José Augusto Baptista Lopes e Seabra Editar o valor em Wikidata
24 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Vilarouco, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de maio de 2004 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Deputado da Asemblea Constituínte
12 de decembro de 1975 – 2 de abril de 1976

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral do Porto (pt) Traducir

Deputado da Asemblea Constituínte
2 de xuño de 1975 – 12 de decembro de 1975

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral do Porto (pt) Traducir

Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral do Porto (pt) Traducir

Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral do Porto (pt) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , político , diplomático Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Social Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

José Augusto Baptista Lopes e Seabra, nado en San João da Pesqueira, Vilarouco, o 24 de febreiro de 1937 e finado en París o 27 de maio de 2004, foi un poeta, ensaísta, profesor, diplomático e político portugués.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, en 1961. Preso p orprimeira vez aos 17 anos, foi torturado, xulgado e preso no Forte de Peniche,[1] combateu o Salazarismo e exilouse en Francia, de onde saíu despois da Revolución de 25 de Abril de 1974, sendo un destacado militante do PSD. Iniciado masón, pertenceu á Loja União, do Porto, do Grande Oriente Lusitano. En París foi funcionario da UNESCO e desenvolveu estudos de Literatura, na École Practique des Hautes Études. Baixo a orientación de Roland Barthes doutorouse na Universidade de París III, presentando a tese Fernando Pessoa: do poemodrama ao poetodrama, despois publicada en Portugal e no Brasil.

Foi profesor na Universidade de Vincennes.[4] De 1974 a 1985 foi profesor da Facultade de Letras da Universidade do Porto. Fundou o Centro de Estudos sobre Pessoa e a revista Nova Renascença.[5]

Deputado á Asemblea constituínte e á Asemblea da República, polo Partido Social Demócrata[6], viría a ocupar o cargo de Ministro da Educación no IX Goberno Constitucional, do chamado Bloque Central (1983-1985)

A partir de 1985 foi embaixador na UNESCO[7] e, despois diso, diplomático nas Embaixadas de Portugal en Nova Deli, en Bucareste e Buenos Aires.[2][8]

O seu nome encóntrase na lista de colaboradores da publicación académica Quadrante [9] (1958-1962).

O 23 de decembro de 1992, foi agraciado co grao de Grã-Cruz da Orde do Mérito.[10]

Funcións gobernamentais exercidas[editar | editar a fonte]

  • IX Goberno Constitucional
    • Ministro da Educación

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A Vida Toda (1961). Ed. do autor.
  • Os Sinais e a Origem (1972). Portugália Editora.
  • Tempo Táctil (1972). Portugália Editora.
  • Desmemória (1977). Brasília Editora.
  • O Anjo (1980). Ed. Nova Renascença.
  • Gramática Grega (1985). Ed. Nova Renascença.
  • Do Nome de Deus (1990). Instituto Internacional de Macau.
  • Fragmentos do Delírio (1990). Ed. Signum.
  • Epígrafes (1991). Ed. Angel Caffarena. Málaga.
  • Enlace (1993). Con Norma Tasca. Fundação Eng. António de Almeida.
  • Sombras de Nada (1996). Quetzal Editores.
  • Amar a Sul (Porto Alegre 1997). Ed. Movimento.
  • O Caminho Íntimo para a Índia (1999). Lello e Instituto Cultural de Macau.
  • Conspiração da Neve (1999). Ed. Minerva.
  • A Luz de Creta (2000). Cosmos.
  • Oximoros (2001). Granito Editores.
  • Sete Tangos Mentais (2002). Tâmega.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Fernando Pessoa ou o poetodrama (1974). 1.ª ed. S. Paulo 1974; 3.ª ed.. revisada Lisboa, 1988.
  • Poiética de Barthes (1980). Brasília Editora
  • O Heterodoxo pessoano (1985). Ed. Perspectiva.
  • Poligrafais Poéticas (1984). Lello Editores.
  • Mensagem e Poemas Esotéricos de Fernando Pessoa (1983). col. “Archivos”, Madrid. Edición crítica.
  • Cultura e Política ou a Cidade e os Labirintos (1986). Vega.
  • O Ideário Político de Francisco Sá Carneiro (1990). Diversos.
  • O Coração do Texto / Le Coeur du Texte (1996). Cosmos.
  • Tradución de Poemas de Mallarmé lidos por Fernando Persoa (1998)
  • Rostos Europeus do Porto (2001). Fólio Edições.
  • Por Uma Nova Renascença (2006). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda

Autobiográfica[editar | editar a fonte]

  • De Exílio em Exílio, vol. I : Resistências e Errâncias (1953-1963) (2004). Fólio Edicións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "José Augusto Seabra". vc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 AA. VV. Quatro décadas de educação : 1962>2005. Lisboa : Secretaria Geral do Ministério da Educação, 2008. ISBN 978-972-729-062-8 pp. 199-204.
  3. Lusa. "Faleceu José Augusto Seabra". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  4. Infopédia. "José Augusto Seabra - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  5. Monde, Le (2004-06-02). "José Augusto Seabra, político y escritor portugués". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-17. 
  6. "Biografia". www.parlamento.pt. Consultado o 2020-06-17. 
  7. "Biografia - José Augusto Seabra". escritas.org (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  8. "Prefácio" (PDF). fmsoares.pt/. 
  9. "Quadrante" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  10. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-06-17.