Jorge Celedón
Aparencia
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1968 (56 anos) Villanueva, Colombia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor de cancións |
Período de actividade | 1993 - |
Xénero artístico | Vallenato |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony BMG |
Premios | |
| |
Sitio web | jorgitoceledon.com |
Jorge Celedón, tamén coñecido como Jorgito Celedón, nado en Villanueva (La Guajira) o 4 de xuño de 1967, é un cantante colombiano de música vallenato.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Provén dunha familia de músicos e comezou a cantar en público con doce anos. Debutou profesionalmente como corista no grupo Binomio de Oro de América, e ó morrer o cantante Rafael Orozco Maestre en 1992 pasou a ser o cantante principal. En 1998 decidiu crear o seu propio grupo xunto ao acordeonista Jimmy Zambrano, co que gañou un Grammy Latino na categoría de cumbia-vallenato en 2007.