Elsa Artadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elsa Artadi
Elsa Artadi.jpg
Nome completoElsa Vila Artadi
Nacemento19 de agosto de 1976
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pompeu Fabra e Universidade Harvard
Ocupacióneconomista e política
Coñecido/a porLa Grossa de Cap d'Any
editar datos en Wikidata ]

Elsa Artadi i Vila, nada en Barcelona o 19 de agosto de 1976 é unha economista e política catalá, actual voceira de Junts per Catalunya no Parlamento de Cataluña[1] e conselleira de Presidencia do goberno da Generalitat dende maio de 2018.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio concertado Stel·la de Barcelona.[3] Licenciada e mestrada en economía pola Universidade Pompeu Fabra, Artadi recibiu o seu doutoramento na Universidade Harvard cunha bolsa da Fundación La Caixa.[4][5] De 2006 a 2011 foi profesora de Economía na Universidade Bocconi de Milán. De 2006 a 2011 foi profesora de Economía da Università Bocconi en Milán. Foi profesora visitante da UPF e da Barcelona Graduate School of Economics.[6]

Durante esta época tamén foi profesora na Fudan University de Shanghai[7] e membro do comité científico do Banco Mundial en Casablanca (Marrocos), consultora do Banco Mundial en Washington, D.C. e membro do comité científico da European Economic Association.[6] Durante este período colaborou en diversos informes co economista e profesor da Universidade de Columbia Xavier Sala i Martín, e foi a tradutora ó castelán da súa obra Apunts de creixement econòmic.[8]

Entrou na Generalitat no ano 2011 como asesora no Departamento de Economía do conselleiro Andreu Mas-Colell.[9] En 2012, participou na proposta de pacto fiscal de CiU e participou en diversos actos de campaña con vista ó 25 de novembro. En 2013, foi nomeada directora xeral de Tributs i Joc, onde creou a Grossa de Cap d'Any.[10][11] Este feito deulle protagonismo nos medios.[6]

En 2015, foi nomeada secretaria de Facenda do Departamento de Economía,[4][12] e en xaneiro de 2016 foi nomeada directora xeral de Coordinación Interdepartamental da Generalitat de Cataluña.[10]

No verán de 2016 afilouse ó PDeCAT[5] e en 2017 coordinou e presidiu o relatorio ideolóxico do PDeCAT,[6] formou parte do primeiro equipo directivo do partido, xestionando estudos e programas,[13] pero dimitiu por mor do réxime de incompatibilidades. Posteriormente daríase de baixa do partido.[8] Malia a aplicación do 155 en 2017, Artadi non foi cesada do cargo.[11][14] Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña do mesmo ano foi escollida deputada na lista de Junts per Catalunya,[15][16] candidatura da cal foi a directora de campaña e onde ía de número 10 na lista por Barcelona.[17]

Na XII lexislatura, é voceira parlamentaria do grupo de Junts per Catalunya. É unha das facianas máis visibles da súa coalición.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Artadi rechaza que Puigdemont pueda ser nombrado como "presidente simbólico"". El Mundo (en castelán). 
  2. DOGC, ed. (31 de maio de 2018). "DECRET 3/2018, de 29 de maig, pel qual es nomenen el vicepresident del Govern i els consellers i conselleres dels departaments de la Generalitat de Catalunya." (en catalán). Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. "19 cosas que no sabías de Elsa Artadi". El Huffington Post (en castelán). 12 de xaneiro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Vilaweb, ed. (3 de novembro de 2015). "El Govern nomena Elsa Artadi i Vila nova secretària d'Hisenda del Departament d'Economia i Coneixement". Consultado o 18 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "Elsa Artadi, del campus de Harvard al Palau de la Generalitat". La Vanguardia. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Jiménez, David. "Elsa Artadi, de la Grossa a estratega de Puigdemont". Diari de Girona. 
  7. VilaWeb.cat (ed.). "El currículum d’Elsa Artadi, la millor resposta al menyspreu d’Albiol". Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 Font Ribas, Marc (4 de febreiro de 2018). "Qui són i d'on vénen els diputats del nucli dur de Puigdemont". Sentit Crític. 
  9. "La gurú económica de Presidència". La Vanguardia. 
  10. 10,0 10,1 "Nuevo president, nuevo 'pinyol'". ElNacional.cat. 
  11. 11,0 11,1 Sallés, Quico (14 de xaneiro de 2016). La Vanguardia, ed. "Elsa Artadi, la mujer clave de Presidència". Consultado o 18 de novembro de 2017. 
  12. "Refuerzos negociadores, misiles y 'Oh happy day' en el Parlament". ElNacional.cat. 
  13. "Qui és qui a la primera direcció del Partit Demòcrata Català". El Temps. 
  14. "DECRET 31/2016, de 19 de gener, pel qual es nomena la senyora Elsa Artadi i Vila directora general de Coordinació Interdepartamental.". Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  15. "Composició del Parlament - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  16. "Junts per Catalunya, la llista del PDECat que liderarà Puigdemont". VilaWeb. 13 de novembro de 2017. Consultado o 13 de novembro de 2017. 
  17. El Nacional, ed. (20 de novembro de 2017). "Elsa Artadi dirigirà l'equip de campanya de Puigdemont i Eduard Pujol serà portaveu". Consultado o 20 de novembro de 2017. 
  18. "Elsa Artadi es consolida com a relleu de Puigdemont". Consultado o 8 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]