Foi fundado finais de 1974, como unha organización de masas e movemento asembleario para a liberación da crase obreira vasca, tanto desde un punto de vista nacional como social, recollendo neste momento unha tradición obreirista e abertzale que estivera nas primeiras Comisións Obreiras representativas, así como na organización Comisións Obreiras Abertzales (COA). Entre os seus fundadores máis coñecidos figuran o líder abertzale Jon Idigoras, que participou nas súas primeiras asembleas e formou parte da dirección, así como José Luis Cereceda, Martin Auzmendi ou Xabier Elorriaga. En 1977, por decisión da Asemblea Nacional, LAB pasa de ser un movemento asembleario a sindicato, procedéndose á súa inscrición e legalización nos rexistros correspondentes.