Saltar ao contido

Jon Aramburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJon Aramburu
Biografía
Nacemento(es) Jon Mikel Aramburu Mejías Editar o valor en Wikidata
23 de xullo de 2002 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Altura1,74 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2016–2017 Real Sociedad
2017–2020 Deportivo La Guaira F.C.
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2020–2022 Deportivo La Guaira F.C. 69(1)
2022– Venezuela sub-23 6(0)
2022–2023   Real Unión 34(3)
2023–   Real Sociedad B 17(0)
2023–   Real Sociedad 15(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–2019   Venezuela sub-17 4(0)
2023–   Venezuela 1(0)

UEFA: 250163315 Editar o valor en Wikidata

Jon Mikel Aramburu Mejías, nado en Caracas o 23 de xullo de 2002, é un futbolista venezolano que xoga como defensa na Real Sociedad B, da Primeira División RFEF de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Deportivo La Guaira

[editar | editar a fonte]

Naceu en Caracas, sendo fillo de pais venezolanos e neto por parte paterna de donostiarras.[1] Formouse nas categorías inferiores do Deportivo La Guaira da súa cidade natal, debutando co primeiro equipo na Primeira División o 23 de febreiro de 2020, nun partido ante o Portuguesa FC. Pechou a súa primeira tempada cun total de 17 partidos. Afianzouse no equipo durante as seguintes dúas campañas, disputando un total de 67 partidos, 2 deles na Copa Libertadores e 5 na Copa Suramericana.

O 3 de agosto de 2022 instalouse no País Vasco, fichando polo Real Unión da Primeira División RFEF.[2] Co equipo de Irún marcou tres goles e repartiu dúas asistencias nun total de 33 partidos.

En agosto do ano seguinte cumpriu o seu soño de fichar pola Real Sociedad, club do que era afeccionado e cuxa camiseta xa vestira na disputa dun torneo amigable cando era cadete.[1] Foi incorporado á Real Sociedad B, tamén de Primeira RFEF.[3] O 1 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo da Real, na vitoria por 1-0 ante o Buñol na primeira rolda da Copa do Rei.[4]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas seleccións sub-17, sub-20 e sub-23 de Venezuela. Debutou coa selección venezolana absoluta o 18 de xuño de 2023, sendo titular na vitoria por 1-0 ante Guatemala en partido amigable.

  1. 1,0 1,1 López, Ángel (13 de novembro de 2021). "Aramburu sueña con volver a la Real". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024. 
  2. Real Unión, ed. (3 de agosto de 2022). "Jon Mikel Aramburu, nuevo jugador del Real Unión". Consultado o 15 de marzo de 2023. 
  3. "Jon Aramburu fichado por el filial de Real Sociedad". La Vinotinto.com (en castelán). 1 de agosto de 2023. Consultado o 10 de xaneiro de 2024. 
  4. "Jon Aramburu debutó con la Real Sociedad en la Copa del Rey". La Vinotinto.com (en castelán). 1 de novembro de 2023. Consultado o 10 de xaneiro de 2024.