John George Kemeny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn George Kemeny

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Kemény János György Editar o valor em Wikidata
31 de maio de 1926 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Etna, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaDartmouth College Cemetery (en) Traducir 43°42′15″N 72°17′30″O / 43.70415, -72.2916111 Editar o valor em Wikidata
Presidente Dartmouth College
1970 – 1981
← John Sloan Dickey (en) TraducirDavid T. McLaughlin (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton - Doutoramento (1945–1949)
George Washington Educational Campus (en) Traducir (1940–1945) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaType-Theory vs. Set-Theory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1949 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseAlonzo Church Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático , university president (en) Traducir , educador , economista , informático teórico , profesor universitario , científico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDartmouth College (1953–1992)
Universidade de Princeton (1947–1953)
Proxecto Manhattan (1946–1946) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVáclav Edvard Beneš, John Albert Higginson (en) Traducir, Neal Weidenhofer (en) Traducir e Michael Jay Berg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Kemeny-60 Find a Grave: 86787828 Editar o valor em Wikidata

John George Kemeny, nado como Kemény János György en Budapest o 31 de maio de 1926[1] e finado en Lebanon (New Hampshire) o 26 de decembro de 1992 foi un matemático, científico computacional e profesor estadounidense de orixe húngara, coñecido por desenvolver[2] a linguaxe de programación BASIC en 1964 con Thomas E. Kurtz. Kemeny foi o 13.º presidente de Dartmouth College entre 1970 e 1981 e foi un pioneiro no uso de computadoras na educación universitaria. Kemeny presidiu a comisión que investigou o accidente de Three Mile Island en 1979.[2] Segundo György Marx formou parte do grupo denominado The Martians.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Kemeny naceu en Budapest (Hungría) nunha familia xudía.[1] Asistiu á escola primaria Rácz en Budapest e foi compañeiro de clase de Nandor Balazs. En 1938 o seu pai marchou só aos Estados Unidos e en 1940 levou a toda a familia Kemeny[1] cando a adopción da segunda lei antixudía en Hungría era inminente.[4] Porén, o seu avó rexeitou fuxir e faleceu no holocausto, igual que un tío e unha tía.[5] A familia de Kemeny estableceuse en Nova York, asistindo ao George Washington High School. Graduouse coas mellores notas da súa clase tres anos máis tarde.[2] En 1943[1] Kemeny ingresou na Universidade Princeton onde estudou matemáticas e filosofía, mais deixou os estudos durante un ano para traballar no proxecto Manhattan en Los Alamos National Laboratory. O seu xefe aló foi Richard Feynman e tamén traballou con John von Neumann. De volta a Princeton, Kemeny graduouse en 1947 e comezou a traballar no seu doutoramento con Alonzo Church, tamén en Princeton. Traballou como axudante matemático de Albert Einstein durante o seu graduado.[1] Aos 23 anos, Kemeny recibiu o seu doutoramento en 1949 pola súa tese titulada "Type-Theory vs. Set-Theory".[2]

Carreira[editar | editar a fonte]

Kemeny foi aceptado no departamento de matemáticas de Dartmouth como profesor en 1953, aos 27 anos.[1] Dous anos despois converteuse no xefe do departamento, conservando o posto ata 1967.

Kemeny arriscouse no desenvolvemento do currículo intoducindo clases de matemáticas finitas. Uniuse con Gerald L. Thompson e J. Laurie Snell para escribir Introduction to Finite Mathematics (1957) para os estudantes de bioloxía e ciencias sociais. Os profesores do departamento de matemáticas de Dartmouth tamén escribiron Finite Mathematical Structures (1959) e Finite Mathematics with Business Applications (1962). Outras facultades e universidades seguiron esta tendencia e apareceron libros de texto sobre matemáticas finitas noutros lugares. As cadeas de Markov foron particulamente populares, polo que Kemeny se uniu a J. Laurie Snell para publicar Finite Markov Chains (1960) e proporcionar un libro de texto universitario introdutorio. Considerando os avances polo emprego da teoría potencial obtida por G. A. Hunt, escribiron Denumerable Markov Chains en 1966.[6] Este libro de texto, axeitado para seminarios avanzados,[7] foi seguido por unha segunda edición en 1976, en que se incluíu un capítulo adicional sobre campos aleatorios por David Griffeath.

Kemeny e Kurtz foron pioneiros no uso de computadoras para a xente corrente. Tras experimentos iniciais co LGP-30, inventaron a linguaxe de programación BASIC en 1964, así como un dos primeiros sistemas de tempo compartido do mundo, o Dartmouth Time-Sharing System (DTSS). En 1974, a American Federation of Information Processing Societies deu un premio a Kemeny e Kurtz na National Computer Conference polo seu traballo no BASIC e no tempo compartido.[8]

Kemeny foi o presidente de Dartmouth entre 1970 e 1981, e continuou a dar clases e investigar e publicar artigos durante ese período. Presidiu a coeducación de Dartmouth en 1972 e tamén instituíu o "Plan Dartmouth", que permitiu a asistencia de máis estudantes sen construír máis edificios. Durante a súa administración, Dartmouth volveuse máis proactivo recrutando e retendo alumnos de minorías[2] e recuperou o seu compromiso fundacional de ofrecer educación aos nativos americanos. Kemeny converteu Dartmouth en pioneira no uso de computadores, igualando o alfabetismo informática co alfabetismo literario. En 1982 volveu ser profesor a tempo completo.

En 1983, Kemeny e Kurtz cofundaron unha compañía chamada True BASIC, Inc. para comercializar o True BASIC, versión actualizada da linguaxe.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Placa conmemorativa a John George Kemeny no seu antigo domicilio

John Kemeny faleceu aos 66 anos dun fallo cardíaco en Lebanon, New Hampshire[2] o 26 de decembro de 1992.[4] Vivira en Etna, preto do campus de Dartmouth.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Weibel, Peter (2005). Beyond Art - A Third Culture : a Comparative Study in Cultures, Art, and Science in 20th Century Austria and Hungary. Springer. p. 350. ISBN 3-211-24562-6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Faison, Seth (27 de decembro de 1992). "John Kemeny, 66, Computer Pioneer and Educator (obituary)". The New York Times. Consultado o 2 de febreiro de 2008. 
  3. "A marslakók legendája - [[György Marx]]". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Ohles, Frederik; Ohles, Shirley M.; Ramsay, John G. (1997). Biographical Dictionary of Modern American Educators. Greenwood Publishing Group. p. 189. ISBN 0-313-29133-0. 
  5. "True Basic. A sketch of John Kemeny" (PDF). Dartmouth Alumni Magazine. 13 de decembro de 2001. Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  6. J. L. Doob (1966) Review: Denumerable Markov Chains, (en marathi)
  7. Prefacio, páx. vi
  8. "TRANSCRIPTS OF 1974 National Computer Conference Pioneer Day Session". Dartmouth Time Sharing System. Dartmouth College. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]