Alonzo Church
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Alonzo Church, nado o 14 de xuño de 1903 e finado o 11 de agosto de 1995, foi un matemático e lóxico norteamericano que creou a base da computación teórica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na cidade de Washington, diplomouse na Universidade de Princeton en 1924 e obtivo o doutoramento en 1927, onde exerceu como profesor entre 1929 e 1967.
A súa obra máis coñecida é o desenvolvemento do cálculo lambda, e o seu traballo de 1936 que mostra a existencia de problemas indecidibles. Este traballo precedeu ao famoso traballo do seu alumno Alan Turing sobre o problema de parada que tamén demostrou a existencia de problemas irresolubles por dispositivos mecánicos. Despois de revisar a tese doutoral de Turing, demostraron que o cálculo lambda e a máquina de Turing utilizada para expresar o problema de parada tiñan igual poder de expresión; posteriormente demostraron que unha variedade de procesos mecánicos alternos para realizar cálculos tiñan poder de cómputo equivalente. Como resultado postulouse a Tese de Church-Turing.
Entre os máis coñecidos estudantes de doutoramento de Church están Stephen Kleene, J. Barkley Rosser, Leon Henkin, John George Kemeny, Michael O. Rabin, Dana Scott, Simon Kochen e Raymond Smullyan.
O cálculo lambda tivo influencia no deseño da linguaxe Lisp así como as linguaxes de programación funcional.