Saltar ao contido

Johannes Tinctoris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohannes Tinctoris

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jehan Le Teintenier
(nl) Jean de Vaerwere Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1435 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Braine-l'Alleud, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1511 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Nivelles, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónOld University of Orléans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, poeta, escritor, teórico da música, musicólogo, matemático Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica renacentista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGuillaume Dufai Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Riemann's Music Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX833075 Musicbrainz: 88468869-4e08-4304-a566-1d4f557404b7 IMSLP: Category:Tinctoris,_Johannes Editar o valor en Wikidata

Johannes Tinctoris (coñecido tamén como Jean Teinturier e como Jean de Vaerwere), nado na vila de Nivelles, na rexión valoa de Bélxica, cara a 1435 e finado no mesmo lugar en 1511, foi un crego compositor e teórico da música do Renacemento, pertencente á escola francoflamenga. Tamén foron salientables as súas facetas como poeta, matemático, avogado e pintor.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Johannes Tinctoris naceu arredor do ano 1435 nunha localidade do concello de Nivelles, na provincia de Brabante. Sábese que se formou na Universidade de Orleáns, lugar onde tamén foi mestre de capela do coro. Crese que tamén puido ser director do coro de nenos cantores de Chartres.

Especulouse coa posibilidade de que Tinctoris estudase con Guillaume Dufai na catedral de Cambrai en 1460, xa que aí foi onde Dufai pasou a derradeira parte da súa vida. De non ser o seu mestre, polo menos deberon terse coñecido.

Tinctoris foi a Nápoles cara ao ano 1472. Nesa cidade serviu na corte da Coroa de Aragón, que reinaba naquelas terras a través de Fernando I de Nápoles. Pasou gran parte da súa vida en Italia.

Morreu en 1511 en Bélxica, de volta na súa vila natal.

Obra musical

[editar | editar a fonte]

A maior parte da música de Tinctoris perdeuse. Porén, a parte que sobreviviu amosa un amor pola polifonía complexa e suavemente fluída, así como un gusto polas tesituras excepcionalmente baixas, descendendo ocasionalmente na voz baixa ao dúas oitavas por baixo do dó medio (percíbense unhas interesantes semellanzas con Johannes ckeghem neste aspecto).

Como músico escribiu misas, motetes e algunhas cancións.[4]

Música sacra

[editar | editar a fonte]
  • Misa Helas (perdida, anterior a 1482).
  • Misa L’homme armé (a catro voces).
  • Misa Nos amis (perdida, anterior a 1475).
  • Misa Sine nomine I (a tres voces).
  • Misa Sine nomine II (a tres voces).
  • Misa Sine nomine (a catro voces),
  • Misa Trium Vocum.
  • Alleluia (a dúas voces).
  • Credo (a catro voces).
  • Fecit potentiam (a dúas voces).
  • Lamentationes Jeremie (a catro voces, anterior a 1506).
  • O virgo miserere mei (a tres voces; 1476, dedicado a Beatriz de Aragón).
  • Pater rerum (perdida, anterior a 1482).
  • Virgo Dei throno digna (a tres voces; 1476, dedicado a Beatriz de Aragón).

Música profana

[editar | editar a fonte]
  • Comme femme (a dúas voces, a partir dunha canción deBinchois).
  • De tous biens playne (a dúas voces, a partir dunha canciónde Van Ghizeghem).
  • Difficiles alios delectat pangere cantus (a tres voces).
  • D’ung aultre amer (a tres voces, a partir dunha canciónde Ockeghem).
  • Gaude Roma vetus (perdida; 1492).
  • Helas le bon temps (a tres voces; anterior a 1501).
  • Le souvenir (a tres voces, a partir dunha canción de Robert Morton).
  • Le souvenir (a catro voces, idem.).
  • O invida Fortuna (a tres voces).
  • Tout a par moy  (a dúas voces).
  • Vostre regart (a tres voces).

Obra teórica

[editar | editar a fonte]

Publicou un gran número de escritos sobre diversos temas musicais. Pódese dicir que non son totalmente orixinais, xa que gran parte do contido se toma prestado de escritores antigos, como Boecio, San Isidoro de Sevilla etc. En calquera caso, as obras de Tinctoris ofrécennos un rexistro enormemente detallado das prácticas, as técnicas e os procedementos empregados polos compositores da súa época.[5]

Cómpre salientar entre a súa produción teórica Diffinitorium musices, que é o primeiro dicionario de termos musicais. Ademais, destacan un libro sobre as características dos modos musicais, un tratado sobre proporcións e tres libros sobre o contrapunto, que son especialmente útiles para trazar o desenvolvemento da condución das voces e a harmonía no período de transición entre Guillaume Dufai e Josquin des Prés. Os escritos de Tinctoris tiveron influencia tanto en compositores como noutros teóricos musicais do resto do Renacemento.

Os seus escritos máis notables son os seguintes:[6]

  • Diffinitorum musices ou Terminorum musicae diffinitorium (escrito en 1472 e impreso en Treviso en 1495).
  • Speculum musices (perdido, anterior a 1472).
  • Complexus effectuum musices (1472-1475; ampliado en 1481).
  • Expositio manus (1472-1473).
  • Liber imperfectionum notarum musicalium (1472-1475).
  • Proportionale musices (1472-1475).
  • Articuli et ordinatione dell’ordine del Toson d’ouro (1474-1477).
  • Tractatus de regulari valore notarum (1474-1475).
  • Scriptum [...] super punctis musicalibus (1475).
  • Tractatus alterationum (1475).
  • Tractatus de notis et pausis (1475).
  • Liber de natura et proprietate tonotum (1476).
  • Liber de arte contrapuncti (1477).
  • De inventione et usu musice (1481.

As oito regras da composición de Tinctoris

[editar | editar a fonte]

Extraídas do seu terceiro libro sobre o contrapunto.

  • Regra 1. Comezar e terminar con consonancia perfecta, aínda que non é incorrecto se o cantante improvisa un contrapunto e finaliza en consonancia imperfecta; neste caso, o movemento debería ser a varias voces. Non está permitido dobrar o baixo á sexta ou á oitava.
  • Regra 2. Seguir xuntos con tenor de arriba a abaixo en consonancias imperfectas e perfectas da mesma clase. As terceiras e sextas paralelas están recomendadas, mentres que as quintas e oitavas paralelas están prohibidas.
  • Regra 3. Se o tenor permanece na mesma nota, pódense engadir consonancias tanto perfectas como imperfectas.
  • Regra 4. Á parte de contrapunto debería ter unha forma melódica pechada, mesmo se o tenor fai grandes saltos.
  • Regra 5. Non pór a cadencia sobre unha nota se isto entorpece o desenvolvemento da melodía.
  • Regra 6. Prohíbese repetir o mesmo xiro melódico por riba dun cantus firmus de notas longas de valores iguais, a menos que o cantus firmus conteña unha repetición en si mesmo, ou que se trate de imitacións naturalistas (toque de cornetas ou son de campás).
  • Regra 7. Evitar dúas ou máis cadencias consecutivas no mesmo ton, aínda que o cantus firmus o permita.
  • Regra 8. En calquera contrapunto, cómpre tratar de conseguir diversidade e variedade cambiando a medida, o ritmo e as cadencias. Hai que usar síncopa, imitación, canon e pausa. Pero hai que lembrar que unha canción ordinaria usa estilos menos diversos que un motete, e un motete usa estilos menos diversos que unha misa misa.
  1. Hüschen, Heinrich. "Johannes Tinctoris Arquivado 01 de xuño de 2013 en Wayback Machine.". New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001.
  2. Lemaire, François. Notice historique sur la ville de Nivelles, et sur les abbesses qui l'ont successivement gouvernée depuis sa fondation jusqu'à la dissolution de son chapitre. (Ler en liña). Nivelles. Ed. Guisenaire, 1848. Páxinas 124-125, 335.
  3. Dictionaire de la musique. Larousse, 2011. Páxina 1.402. [ISBN 978-2-0358-6059-0]
  4. Randel, Don Michael: The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press, 1996, Páxina 918.
  5. Woodley, Ronald. The Theorical Works of Johannes Tinctoris Arquivado 21 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.. Birmingham City University. 2014
  6. Atlas, Allan W. La música del Renacimiento. Akal, 2002. Páxinas 275-276.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]