Joaquín Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Joaquín Merino
Nacemento 6 de maio de 1927
  Madrid
Falecemento 15 de decembro de 2011
  Madrid
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Deusto
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Merino Pérez, nado en Madrid o 6 de maio de 1927 e falecido na mesma cidade o 15 de decembro de 2011, foi un escritor, tradutor e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito na Universidade de Deusto e logo trasladouse ao Reino Unido, onde se formou e estudou inglés. De volta a Madrid a comezos dos anos sesenta traballou como agregado turístico da embaixada británica en España e como asistente comercial para British Airways.

En 1964 estreouse como narrador coa novela La isla (Premio Café Gijón) e posteriormente dedicouse ao xornalismo cultural e gastronómico. Fíxoo na radio, en Radio Peninsular, no magazine de Luis del Olmo a comezos dos setenta e despois en distintas emisoras (Radio Nacional de España, COPE, Antena 3), xornais (ABC, Ya, Madrid, El Alcázar, La Estafeta Literaria, El País), e en Televisión Española ata que se fixo un sitio na edición española de La Voz de Galicia, coa que colaboraba a miúdo.

Como tradutor destaca o seu traballo ao verquer boa parte das obras de Sigmund Freud ao español.

Vida persoal e relación con Galicia[editar | editar a fonte]

Ademais de casar cunha muller galega, Mercedes Pérez, na segunda metade da súa vida mantivo unha intensa relación con Galicia e a súa gastronomía, e chegou a publicar un libro sobre a cociña galega e unha guía turística de Vilagarcía de Arousa.

Obra[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Londres para turistas pobres (1959)
  • Londres, ciudad centrífuga (1965)
  • Londres para turistas ricos (1972)
  • Londres para pecadores (1973)
  • Confidencias más o menos pop (1973)
  • Madrid para reprimidos (1974)
  • Las cosas de la vida (1976)
  • Yo, Madrid (1976)
  • Yo, Londres (1977)
  • Andar y charlar (1977)
  • Galicia ensebre (1978)
  • El Salmón en su mesa y su cocina (1989)
  • La edad no es cosa de años. Manual y guía para cuarentones, cincuentones, sesentones y similares, cómo mantenerse joven y feliz (1991)
  • Perla de Arousa (1992)
  • Titanes de los fogones (2005)
  • Historias de la buena vida (2006)