Jo Nesbø
Jo Nesbø | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1960 |
Oslo ![]() | |
Nacionalidade | Noruega |
Etnia | Pobo noruegués |
Alma máter | Norwegian School of Economics |
Ocupación | novelista, escritor, xornalista, escritor de literatura infantil, futbolista, cantante, músico, guionista e economista |
Irmáns | Knut Nesbø |
Xéneros | Narrativa |
Premios | Prémio Bokhandler, Prémio Bokhandler, Prémio Literário Mads Wiel Nygaard, Prémio Riverton, Oslo City Culture Award, Solprisen, Peer Gynt Literary Award, Prémio do Leitor Norueguês, Premio Chave de Cristal e Prémio Riverton |
Na rede | |
https://jonesbo.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jo Nesbø, nado en Oslo o 29 de marzo de 1960, é un escritor e músico noruegués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criado en Molde, xogou ao fútbol na súa mocidade, integrándose con dezasete anos no Molde FK, gañou en 1978 a final da Norway Cup[1], non obstante por mor dunha lesión no xeonllo deixou de xogar. Graduouse en económicas na Escola Norueguesa de Economía. Traballou coma xornalista por conta propia e coma corrector de bolsa antes de iniciar a súa carreira coma escritor. É principalmente coñecido pola súa serie de novelas criminais sobre o detective Harry Hole; así, tras o éxito da primeira novela da saga, decidiu consagrar o seu tempo á escritura e á súa outra paixón: a música. É vocalista e compositor da popular banda de rock norueguesa Di Derre. Entre as súas publicacións tamén se atopan libros para nenos.
Obra[editar | editar a fonte]
Serie Harry Hole[editar | editar a fonte]
- Flaggermusmannen (1997)
- Kakerlakkene (1998)
- Rødstrupe (2000)
- Sorgenfri (2002)
- Marekors (2003)
- Frelseren (2005)
- Snømannen (2007)
- Panserhjerte (2009)
Serie infantil Doktor Proktor[editar | editar a fonte]
Gardando certa semellanza coa obra do escritor Roald Dahl, narra as aventuras dun inventor.
Outras publicacións[editar | editar a fonte]
- Stemmer fra Balkan/Atten dager i mai, con Espen Søbye, documental (1999)
- Karusellmusikk, relatos curtos (2001)
- Det hvite hotellet (2007)
- Hodejegerne (2008)
Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]
- Premio Riverton á Mellor Novela de Crime Noruega do Ano por Flaggermusmannen (1997)
- Premio Chave de Cristal á Mellor Novela de Crime Nórdica do Ano por Flaggermusmannen (1998)
- Premio Noruegués de Supervendas á Mellor Novela do Ano por Rødstrupe (2000)
- Doazón Mads Wiel Nygaards por Sorgenfri (2002)
- Premio á Mellor Novela de Crime Noruega de Tódolos Tempos por Rødstrupe (2004), concedido polas asociacións de lectores de Noruega
- Mención de honra especial á Excelencia en Literatura de Crime Estranxeira outorgada pola Academia Finesa de Escritores de Crimes por Marekors (2007)
- Candidato á Daga Internacional "Duncan Lawrie" por Rødstrupe (2007)
- Premio Noruegués de Supervendas á Mellor Novela do Ano por Snømannen (2007)
- Candidato ao Premio Ark de Literatura Infantil á Mellor Novela Infantil do Ano por Doktor Proktors prompepulver (2007)
- Premio da Asociación de Lectores de Noruega á Mellor Novela do Ano por Snømannen (2008)
- Candidato ao Premio Noruegués de Supervendas por Hodejegerne e Doktor Proktors tidsbadekar (2008)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Thorleif Sandmoe (16.10.1978). «Ny Fuglset i Molde?». VG.