Saltar ao contido

Jimmy Greaves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJimmy Greaves

(1964) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Peter Greaves Editar o valor en Wikidata
20 de febreiro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Manor Park, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Danbury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, autobiógrafo, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 1979 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaInglaterra Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Borussia Dortmund
Woodford Town F.C.
1957–1961   Chelsea F.C. 157(124)
1961–1961   A.C. Milan 12(9)
1961–1970 Tottenham Hotspur 321(220)
1970–1971 West Ham United FC 38(13)
1975–1976 Brentwood Town F.C.
1976–1977 Chelmsford City Football Club
1977–1979 Barnet Football Club
1979–1980 Bush Hill Rangers F.C.
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1957–1962   Inglaterra sub-21
1959–1967   Inglaterra 57(44)
Participou en
xuño de 1968Eurocopa de Fútbol Italia 1968
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
1962Mundial de Fútbol Chile 1962 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteJimmy Greaves, English Soccer Star, Is Dead at 81 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webjimmygreaves.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1273695 Musicbrainz: 67e5c333-6ec7-459c-948e-d581231e80ed FIFA: 174575 UEFA: 36391 WikiTree: Greaves-1479 Editar o valor en Wikidata

James Peter 'Jimmy' Greaves, nado en Manor Park, Essex, o 20 de febreiro de 1940 e finado en Danbury, Essex, o 19 de setembro de 2021, foi un futbolista inglés.

Carreira de Xogador

[editar | editar a fonte]

Chelsea, AC Milan, e Spurs

[editar | editar a fonte]

Greaves foi un abraiante dianteiro, anotando no seu debut co Chelsea en 1957. Sería o máximo goleador nos anos 1959 e 1961. Os seus 41 goles neste último ano aínda son un récord no club, máis goles marcados por un xogador nunha soa tempada.

No 1960 convértese no xogador máis xove en chegar ós 100 goles en liga, á idade de 20 anos 290 días.

En 1961 viaxa ata a Italia para unirse ao A.C. Milan e marca 9 goles en 12 encontros. Ao pouco é transferido o Tottenham Hotspur por 99.999 libras. Esta cantidade púxose porque no club non querían darlle a presión de se-lo primeiro xogador que chegaba ás 100.000 libras de custo por traspaso.

Ficou no club dende 1961 ata 1970, anotando 266 goles en 379 encontros. Rematou coma máximo goleador catro anos (1963,1964,1965 e 1970). A súa marca de seis veces máximo artilleiro nunca foi superada nin igualada.

Cos Spurs, gañou a FA Cup en 1962 e 1967. Tamén conseguiu a Recopa no 1963 anotando dous goles na final (5-1) contra o Atlético de Madrid. Este foi o primeiro trofeo europeo gañado por unha escuadra británica.

Carreira Internacional

[editar | editar a fonte]

Graves debutou coa selección inglesa en 1959, e chegou a xogar 57 encontros e anotou 44 goles, 5 menos que Bobby Charlton pero cunha media moito maior de goles por encontro. Ata o día de hoxe segue a se-lo terceiro máximo anotador despois de Bobby Charlton e Gary Lineker. Greaves tamén ten a marca de número de tripletes coa selección, cun total de seis.

No Mundial de Fútbol Chile 1962, no encontro disputado contra o Brasil un can entrou no terreo de xogo e eludiu tódalas tentativas de collelo ata que Greaves logrou atrapalo. Nese intre o can mexou sobre a camisola do xogador. Ao brasileiro Garrincha fíxolle graza o incidente e acabou levando o can á súa casa para telo como mascota.

No Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Greaves era o dianteiro titular, mais unha inoportuna mancadura nunha perna no encontro contra Francia fixo que tivera que ser substituído. O elixido foi Geoff Hurst, que anotou o gol decisivo nos cuartos de final e xa non sairía do equipo. Na final, este xogador fixo o famoso triplete grazas ó cal Inglaterra foi campioa.

West Ham e Barnet

[editar | editar a fonte]

En 1970, Greaves fichou polo West Ham United. Anotou no seu debut, (tal coma fixera en tódolos equipos para os que xogou incluíndo a selección sub-21 e a absoluta), con dous goles contra o Manchester City o 21 de marzo. Dous meses despois, o 28 de maio, rematou sexto no London-to-Mexico World Cup Rally co co-condutor Tony Fall. Retirouse en 1971 despois de xogar 516 encontros de liga e anotar 357 goles.

Greaves volveu do seu retiro aos 38 anos, xogando para o Barnet F.C. na Southern League, actuando de mediocampista, anotou 25 goles e foi proclamado mellor xogador da tempada.

Despois do fútbol

[editar | editar a fonte]

A mediados dos anos 70 Greaves loitaba contra un grande problema de alcoholismo, deixando finalmente a bebida cara ao ano 1978. Converteuse nun popular presentador de televisión, formando parella con Ian St. John nun programa futbolístico chamado Saint & Greavsie

No 2002 entrou a formar parte do English Football Hall of Fame. Faleceu o 19 de setembro de 2021 aos 81 anos.[1]

  1. Association, The Football. "FA saddened by death of former England international Jimmy Greaves". www.thefa.com (en inglés). Consultado o 2021-09-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]