Jesús Rollán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Jesús Miguel Rollán Prada, nado en Madrid o 4 de abril de 1968 e finado en La Garriga, provincia de Barcelona, o 11 de marzo de 2006, foi xogador de wáter-polo español.

Xogador
Estatísticas do xogador
Orixe: Madrid España España
Data de nacemento: 4 de abril de 1968
Altura: 1,86 metros
Peso: 74 quilos
Posición: Porteiro
N° de partidos internacional: X
Inicio: 1982
Retiro: 2004
Alcume: O gardián da piscina

Biografía[editar | editar a fonte]

Jesús Rollán foi un xogador de wáter-polo español, que xogaba na demarcación de porteiro. O seu primeiro club foi o equipo madrileño Vallermoso. A Jesús dáballe moita preguiza ir aos adestramentos por non se desprazar, polo que se dedicaba a xogar cos seus amigos ao fútbol ou ao baloncesto. Pero unha lesión de ligamentos fixo que se decantase por este deporte.

Máis tarde trasladouse a Barcelona para dar un xiro importante ao seu palmarés. Licenciouse en Enxeñaría agrónoma.

Tanto a nivel de club, como coa selección española, Jesús Rollán conta cun palmarés cheo de éxitos. Os seus éxitos comezaron nos anos 1990 coa medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Fora un dos abandeirados da selección xunto con Manuel Estiarte.

Amigo da Infanta Cristina, foi el quen, durante os Xogos Olímpicos de Atlanta, presentoulla a Iñaki Urdangarin.

Faleceu o 11 de marzo de 2006, aos 37 anos de idade, nun balneario do municipio de La Garriga (Barcelona). Internado dende outubro de 2005, grazas ao programa Tutoría para Deportistas do Comité Olímpico Español (COE), o deportista intentaba superar os seus problemas de depresión e dependencia. Ao atoparse en fase de rehabilitación, vislumbrando a saída do túnel, a súa morte foi un mazazo moito máis duro se cabe tralo seu suicidio.

O declive de Rollán comezou ao retirarse, tralos Xogos Olímpicos de Atenas. Dende entón, e a pesar de colaborar coa Federación de Natación, separárase da súa muller, tiña problemas para ver a súa filla e xa entrara nunha espiral de autodestrución.

Días despois da súa morte, a Federación Española de Natación outórgalle a Placa de Honor, o máis alto recoñecemento dunha federación. Ademais a partir da tempada 2005-2006, créase o Trofeo Jesús Rollán que se lle outorgará ao gardameta menos goleado da tempada, equivalente ao Trofeo Zamora de fútbol.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española de wáter-polo en numerosas ocasións durante 1989-2002. Sendo a época que maiores éxitos deu ao wáter-polo español.

Clubs[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

2001: Medalla de Ouro - Xogos do Mediterráneo en Túnez. Medalla de Ouro - Campionatos do Mundo de Fukuoka.

2000: 4º - Xogos Olímpicos en Sydney

1999: Medalla de Bronce XI Copa do Mundo Sénior, Sydney.

1998: Medalla de Ouro - VIII Campionato do Mundo, Perth.

1997: Medalla de Bronce - Xogos do Mediterráneo, Bari.

1996: Medalla de Ouro (Croacia, 7-5) - Xogos Olímpicos en Atlanta.

1994: Medalla de Prata - VII Campionato do Mundo, Roma.

1993: Medalla de Bronce - Campionato de Europa, Sheffield .

1992: Medalla de Prata - Xogos Olímpicos en Barcelona.

1991: Medalla de Prata - Campionato do Mundo, Perth. Medalla de Prata - Campionato de Europa, Atenas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]