Jesús Bea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bea
Información persoal
Nome Jesús Bea Martínez
Nacemento 11 de setembro de 1950
Lugar de nacemento Portonovo
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1966–1969 Portonovo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1969–1970 Atlético Pontevedrés
1970–1972 Pontevedra 46 (0)
1970Ourense (cedido) 10 (0)
1972–1975 Sevilla 43 (0)
1975–1980 Alavés 132 (4)
1980–1981 Pontevedra 31 (3)
1981–1982 Lorca Deportiva 35 (2)
1982–1983 Ceuta 35 (10)
1983–1989 Lorca Deportiva 160 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jesús Bea Martínez, coñecido deportivamente como Bea, nado en Portonovo o 11 de setembro de 1950, é un ex futbolista galego que xogaba de defensa. Desenvolveu case toda a súa carreira entre a Segunda División e a Segunda B, disputando máis de 500 partidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Portonovo SD.[1] Sendo xuvenil, compaxinaba as súas actuacións no equipo coa súa profesión de patrón de baixura.[2] En marzo de 1969, despois dun partido coa selección galega xuvenil no que se enfrontou ao Atlético Pontevedrés, filial do Pontevedra CF, fichou polo club granate.[3]

Comezou a tempada 1969/70 no filial pontevedrés e en marzo foi cedido ao CD Ourense,[4] da Segunda División, a petición do adestrador Francisco Campos (que substituíra a Fernando Bouso no banco). Foi titular no equipo ourensán dende o seu debut na xornada 29, na visita a El Sadar que rematou cunha derrota (1-0) contra Osasuna.[5] No verán regresou ao Pontevedra, acabado de descender dende Primeira División, e onde xogou dúas tempadas.

Na tempada 1972/73 fichou polo Sevilla FC, que acababa de descender a Segunda. Xogou no Ramón Sánchez-Pizjuán durante tres tempadas, logrando o ascenso na 1974/75, aínda que apenas contou con minutos esa tempada.

Despois de non entrar nos plans do adestrador do Sevilla Roque Olsen na 1ª División, Bea fichou polo Deportivo Alavés, de Segunda, onde xogou as seguintes 5 tempadas. Marcou o seu primeiro gol na categoría contra o Levante UD nunha derrota por 2-1.[6] Deixou Mendizorroza no verán de 1980, fichando de novo polo Pontevedra, que estaba naquel momento en Segunda B. Xogou 31 partidos naquela campaña e anotou tres goles, dous deles nun encontro fronte ao Deportivo da Coruña, pero o equipo acabou por descender a Terceira.[7]

Fichou entón polo CF Lorca Deportiva, de Terceira División, sendo a primeira tempada onde se disputaba o Grupo XIII, tras separarse os equipos adscritos á Federación de Fútbol da Comunidade Valenciana e a Federación de Fútbol da Rexión de Murcia. Na tempada 1982/83 tivo un breve paso pola AD Ceuta, de Segunda B, onde conseguiu ser o máximo goleador do equipo a pesar de ser defensa central, con 12 tantos en 43 partidos.[8] Volveu logo ao Lorca, xogando no equipo murciano até a súa retirada na tempada 1988/89, e vivindo un ascenso a 2ª (83-84), dous ascensos a 2ªB (80-81 e 86-87), un descenso a 2ªB (84-85) e dous descensos a (85-86 e 88-89).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Imperio sucumbió en Portonovo, 2-1". La Noche (en castelán). 7 de marzo de 1967. p. 11. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  2. Ariete (16 de xullo de 1969). "Tenistas japonesas en La Corana". La Voz de Galicia (en castelán). p. 16. 
  3. "La selección gallega jugó ayer en Pasarón". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de marzo de 1969. p. 14. 
  4. "Expectación ante el Pontevedra-Real Sociedad". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de marzo de 1970. p. 16. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  5. "Ficha do Osasuna - Ourense do 22/03/1970". BDFutbol (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  6. "Ficha do Levante - Alavés do 21/11/1976". BDFutbol (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  7. G. G., Xurxo (1 de decembro de 2020). "Una gesta que fue anécdota". Diario de Pontevedra. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  8. de la Torre, Manuel. "Jesús Bea, Suso" (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.