Saltar ao contido

Jenny Saville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJenny Saville
Biografía
Nacemento7 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónSlade School of Fine Art (pt) Traducir
University of Cincinnati (en) Traducir
Escola de Arte de Glasgow Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes visuais e pintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Palermo
Londres
Glasgow
Cincinnati Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora , fotógrafa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNudez na arte Editar o valor en Wikidata
MovementoYoung British Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: c772587e-3de8-4f77-8360-c55d2af86faa Discogs: 2689913 Editar o valor en Wikidata

Jennifer Anne Saville, nada en Cambridge o 7 de maio de 1970,[1] é unha pintora británica, membro do grupo Young British Artists.[2] É coñecida principalmente polos seus monumentais cadros de nus femininos. En outubro de 2018 converteuse na muller artista viva que cotizou máis arta a súa obra nunha poxa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Saville estudou na Glasgow School of Art (1988-1992), e foille concedida unha bolsa de seis meses para a Universidade de Cincinnati,[3] acabando a súa formación na Slade School Of Fine Art (1992-1993). Ao finalizar os seus estudos, a súa obra interesou ao coleccionista Charles Saatchi, quen mercou a súa obra completa para os seguintes dous anos.

Saville desenvolveu a súa carreira dentro da tradicional técnica da pintura ao óleo, nun estilo figurativo herdeiro da nova figuración das décadas de 1950 e 1960, coa influencia de Rubens e Lucian Freud.[4] Desde o seu debut en 1992, a súa temática centrouse no corpo da muller,[5] en pinturas a grande escala, con figuras vistas desde perspectivas poco habituais, onde os corpos parecen montañas de carne que semellan encher todo o espazo, con predilección por amosar a zona xenital ou por imperfeccións e feridas da pel, con cores brillantes, intensas, dispostas por manchas, predominando os tons vermellos e castaños. En xeral son corpos obesos —adoito autorretrátase—, onde a carne forma pregamentos e engurras, cunhas formas monumentais que parecen a visión que un neno ten dun adulto. Inspirada por Courbet e Velázquez, pinta a muller real, actual, sen ningún tipo de idealización, sen buscar a beleza, só a veracidade, realizando, como ela mesma denomina, «paisaxes do corpo».[6]

En outubro de 2018 a casa de poxas Sotheby's vendeu Propped por 10,8 millones de euros, o prezo máis alta pagado nunha poxa por unha artista viva.[7]

  1. Grant, Catherine M. (2017). Jenny Saville. Grove Art Online (en inglés). ISBN 978-1-884446-05-4. doi:10.1093/gao/9781884446054.article.T096964. Consultado o 21 de outubro de 2022. 
  2. Royal Academy of Arts: Jenny Saville RA | Artist | Royal Academy of Arts, consultado o 29 de agosto de 2014
  3. Calvocoressi, Richard (2018). Jenny Saville. Nova York: Rizzoli International Publications. p. 19. ISBN 9780847862900. 
  4. Cooke, Rachel (9 de xuño de 2012). "Jenny Saville: 'I want to be a painter of modern life, and modern bodies'". The Guardian (en inglés) (Londres). 
  5. "Jenny Saville | artnet". www.artnet.com. Consultado o 2020-02-29. 
  6. Mackenzie, Suzie. "Debajo de la piel". Consultado o 20 de agosto de 2011. 
  7. Riaño, Peio H. (9 de outubro de 2018). "Jenny Saville, la verdadera víctima de la provocación de Banksy". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 9 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]