Jennifer Capriati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJennifer Capriati

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jennifer Marie Capriati Editar o valor em Wikidata
29 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWesley Chapel (pt) Traducir
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Peso73 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1990–) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade5 de marzo de 1990 Editar o valor em Wikidata - 2004 Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado10.206.639 $ Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro  e revés a dúas mans Editar o valor em Wikidata
AdestradorHarold Solomon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 430–176 Editar o valor em Wikidata  14 Editar o valor em Wikidata 1 (2001)
Tenis dobres 66–50 Editar o valor em Wikidata 1 Editar o valor em Wikidata 28 (1992)
Hall of fame Fitxa HOF Editar o valor em Wikidata
WTA Info WTA Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1989- United States Wightman Cup team (en) Traducir
1990- Estados Unidos na Fed Cup (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992tennis at the 1992 Summer Olympics – women's singles (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaXavier Malisse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1716520 Twitter: JenCapriati Editar o valor em Wikidata

Jennifer Marie Capriati, nada en Wesley Chapel (Florida) o 29 de marzo de 1976 é unha ex xogadora de tenis estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jennifer aprendeu a xogar ao tenis moi pequena, xa que o seu pai Stephano lle deu as primeiras clases. Cando era máis nova foi adestrada por Chris Evert. Converteuse en profesional o 5 de marzo de 1990, aos trece anos de idade, co seu debut no WTA Tour de Boca Raton. Converteuse na xogadora profesional máis nova que xogou unha final, con trece anos e once meses. No seu camiño derrotou catro xogadoras cabeza de serie, entre elas a número 10 do mundo, Helena Suková.

O 9 de abril de 1990 debutou na clasificación da WTA no posto vinte e cinco. Ese mesmo ano converteuse na sefinalista máis nova en Roland Garros, con 14 anos e 2 meses, perdendo ante Monica Seles. Isto colocouna entre as vinte primeiras da WTA.

No torneo de Wimbledon dese ano, converteuse na muller máis nova de todas as cabezas de serie, sendo a número 12. Capriati gañou o seu primeiro título en Porto Rico, derrotando a Zina Garrison na final e converténdose na cuarta xogadora máis nova que gañou un título. Isto permitiuna entrar no top 10 do mundo, a máis nova en logralo, con 14 anos e 235 días. Ese mesmo ano, xogou coa número un Steffi Graf un partido de tres sets e acabou a temporada como número 8 do mundo.

En 1991 alcanzou a súa segunda semifinal de Grand Slam de forma consecutiva con 15 anos e 95 días, converténdose na semifinalista máis nova de Wimbledon derrotando a Martina Navratilova nos cuartos de final. Venceu a número un do mundo Monica Seles ese ano e tamén defendeu o campionato contra Gabriela Sabatini no Aberto dos Estados Unidos. En 1992 chegou a tres cuartos de final do Grand Slam. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, derrotando a Steffi Graf no partido pola medalla de ouro.

Despois dalgunhas derrotas decepcionantes en 1993, Jennifer Capriati tomou un descanso das competicións para concentrarse na súa educación universitaria, e despois viuse envolta nunha serie de problemas persoais e legais. Descuberta roubando nunha tenda en decembro de 1993, Capriati foi arrestada tamén por posesión de marihuana en maio de 1994. Volveu ás competicións de tenis en novembro dese ano, mais xogou só un partido, que perdeu para de novo deixar de xogar durante quince meses. Descendeu do top 10 en xaneiro de 1994 e non xogou no WTA tour en 1995.

Volveu ás competicións en 1996, e aínda que tivo un comezo dubitativo, gañou o título individual de Luxemburgo o 25 de setembro de 2000.

En 2001 comezou un regreso con éxito, gañando o Aberto de Australia e Roland Garros e defendeu con éxito o ano seguinte o título australiano. Perdeu o seu primeiro partido de defensa do Aberto de Australia. Non obstante, gañou o título individual en New Haven, Connecticut o 18 de agosto do mesmo ano, culminando o ano no top 10 a WTA por sexta vez.

En 2003 tiña 14 títulos individuais gañados e un dobre xunto a Monica Seles, obtido en 1991 no Aberto de Italia. Foi número un en varias ocasións en 2001 e 2002. En xaneiro de 2004 retirouse do Aberto de Australia debido a un problema no seu lombo. En agosto, viuse forzada a abandonar o equipo de tenis dos Estados Unidos para os Xogos Olímpicos por unha lesión nun tendón e foi substituída por Lisa Raymond. En setembro, no Aberto dos Estados Unidos, foi derrotada unha vez máis.

O 15 de abril de 2012, foi incluída no Salón da Fama do Tenis como recoñecemento á súa carreira deportiva.[1]

Torneos do Grand Slam (3)[editar | editar a fonte]

Individuais[editar | editar a fonte]

Títulos (3)[editar | editar a fonte]

Ano Torneo Opoñente na final Resultado
2001 Australia Aberto de Australia Suíza Martina Hingis 6-4, 6-3
2001 Francia Roland Garros Bélxica Kim Clijsters 1-6, 6-4, 12-10
2002 Australia Aberto de Australia Suíza Martina Hingis 4-6, 7-6(7), 6-2

Títulos WTA (15; 14+1)[editar | editar a fonte]

Individuales (14)[editar | editar a fonte]

Lenda
Grand Slam (3)
WTA Tour Championships (0)
Xogos Olímpicos (1)
Tier I (2)
Tier II (4)
Tier III (3)
Tier IV & V (1)
N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 22 de outubro de 1990 San Xoán Dura Zina Garrison 5-7, 6-4, 6-2
2. 29 de xullo de 1991 San Diego Dura Iugoslavia Monica Seles 4-6, 6-1, 7-6(2)
3. 5 de agosto de 1991 Toronto Dura Bulgaria Katerina Maleeva 6-2, 6-3
4. 27 de xullo de 1992 España Xogos Olímpicos Terra batida Alemaña Steffi Graf 3-6, 6-3, 6-4
5. 24 de agosto de 1992 San Diego Dura España Conchita Martínez 6-3, 6-2
6. 11 de xaneiro de 1993 Australia Sídney Dura Alemaña Anke Huber 6-1, 6-4
7. 17 de maio de 1999 Francia Estrasburgo Terra batida Elena Likhovtseva 6-1, 6-3
8. 1 de novembro de 1999 Quebec Dura Chanda Rubin 4-6, 6-1, 6-2
9. 25 de setembro de 2000 Luxemburgo Luxemburgo Dura Bulgaria Magdalena Maleeva 4-6, 6-1, 6-4
10. 15 de xaneiro de 2001 Australia Aberto de Australia Dura Suíza Martina Hingis 6-4, 6-3
11. 16 de abril de 2001 Charleston Terra batida Suíza Martina Hingis 6-0, 4-6, 6-4
12. 28 de maio de 2001 Francia Roland Garros Terra batida Bélxica Kim Clijsters 1-6, 6-4, 12-10
13. 14 de xaneiro de 2002 Australia Aberto de Australia Dura Suíza Martina Hingis 4-6, 7-6(7), 6-2
14. 18 de agosto de 2003 New Haven Dura Lindsay Davenport 6-2, 4-0, ret

Finalista (17)[editar | editar a fonte]

# Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 11 de marzo de 1990 Boca Raton Dura Gabriela Sabatini 4-6, 5-7
2. 8 de abril de 1990 Charleston Terra batida Martina Navrátilová 2-6, 4-6
3. 17 de novembro de 1991 Filadelfia Dura Iugoslavia Monica Seles 5-7, 1-6
4. 22 de agosto de 1993 Toronto Dura Alemaña Steffi Graf 1-6, 6-0, 3-6
5. 3 de novembro de 1996 Chicago Dura República Checa Jana Novotná 4-6, 6-3, 1-6
6. 12 de xaneiro de 1997 Australia Sydney Dura Suíza Martina Hingis 1-6, 7-5, 1-6
7. 5 de novembro de 2000 Québec City Dura (i) Chanda Rubin 4-6, 2-6
8. 25 de febreiro de 2001 Oklahoma City Dura (i) Monica Seles 3-6, 7-5, 2-6
9. 1 de abril de 2001 Miami Dura Venus Williams 6-4, 1-6, 6-7(4)
10. 13 de maio de 2001 Alemaña Berlín Terra batida Francia Amélie Mauresmo 4-6, 6-2, 3-6
11. 19 de agosto de 2001 Montreal Dura Serena Williams 1-6, 7-6(7), 3-6
12. 3 de marzo de 2002 Scottsdale Dura Serena Williams 2-6, 6-4, 4-6
13. 1 de abril de 2002 Miami Dura Serena Williams 5-7, 6-7(4)
14. 18 de agosto de 2002 Montreal Dura Francia Amélie Mauresmo 4-6, 1-6
15. 29 de marzo de 2003 Miami Dura Serena Williams 6-4, 4-6, 1-6
16. 27 de xullo de 2003 Stanford Dura Bélxica Kim Clijsters 6-4, 4-6, 2-6
17. 16 de maio de 2004 Italia Roma Terra batida Francia Amélie Mauresmo 6-3, 3-6, 6-7(6)

Dobres (1)[editar | editar a fonte]

Lenda
Grand Slam (0)
WTA Tour Championships (0)
Xogos Olímpicos (0)
Tier I (12)
Tier II (0)
Tier III (0)
Tier IV & V (0)
N.º Data Torneo Superficie Parella Opoñentes na final Resultado
1. 12 de maio de 1991 Italia Roma Terra batida Iugoslavia Monica Seles Australia Nicole Bradtke
Suráfrica Suráfrica Elna Reinach
7-5, 6-2

Finalista (1)[editar | editar a fonte]

N.º Data Torneo Superficie Parella Opoñentes na final Resultado
1. 21 de xuño de 2003 Eastbourne Herba España Magüi Serna Lindsay Davenport
Lisa Raymond
3-6, 2-6

Clasificación histórica nos Grand Slams[editar | editar a fonte]

Torneo 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Career SR
Aberto de Australia A A QF QF A A A 1R A 2R SF W W 1R A 2 / 8
Roland Garros SF 4R QF QF A A 1R A A 4R 1R W SF 4R SF 1 / 11
Wimbledon 4R SF QF QF A A A A 2R 2R 4R SF QF QF QF 0 / 11
Aberto dos Estados Unidos 4R SF 3R 1R A A 1R 1R 1R 4R 4R SF QF SF SF 0 / 13
Grand Slam SR 0 / 3 0 / 3 0 / 4 0 / 4 0 / 0 0 / 0 0 / 2 0 / 2 0 / 2 0 / 4 0 / 4 2 / 4 1 / 4 0 / 4 0 / 3 3 / 43

A = Ausente, non participou no torneo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kuerten e Capriati entran no Salón da Fama do Tenis". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]