Conchita Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Conchita Martínez
Conchita Martínez at the 2010 US Open 02.jpg
Nacemento16 de abril de 1972
 Monzón
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntenista e adestradora de tenis
PremiosGreat Cross of the Royal Order of Sports Merit
editar datos en Wikidata ]

Inmaculada Concepción Martínez Bernat, nada en Monzón (Huesca) 16 de abril de 1972, coñecida como Conchita Martínez, é unha ex-tenista española e actual capitá das seleccións españolas de tenis feminina (2013) e masculina (2015).

Durante a súa carreira, gañou un Campionato de Wimbledon en 1994 e foi finalista en dous Grand Slam máis, no Aberto de Australia de 1998 e no Roland Garros de 2000, todos en categoría individual. Logrou ademais tres medallas en tres Xogos Olímpicos distintos e coa selección nacional, logrou cinco títulos de Copa Federación e cinco subcampionatos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.