Chris Evert
Chris Evert | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Christine Marie Evert |
Nacemento | 21 de decembro de 1954 |
Fort Lauderdale | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | tenista |
Pai | Jimmy Evert |
Cónxuxe | Andy Mill, Greg Norman e John Lloyd |
Irmáns | Jeanne Evert |
Premios | Florida Women's Hall of Fame, International Tennis Hall of Fame, Sarah Palfrey Danzig Award, Associated Press Athlete of the Year, Associated Press Athlete of the Year, Associated Press Athlete of the Year e Associated Press Athlete of the Year |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Christine Marie Evert, coñecida como Chris Evert Lloyd entre 1979 e 1987, nada en Fort Lauderdale o 21 de decembro de 1954 é unha ex xogadora de tenis estadounidense. Gañou 18 campionatos individuais de Grand Slam e tres de dobres. Foi a número un do mundo a final dos anos 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1980 e 1981. En xeral, gañou 157 campionatos individuais e 32 de dobres.
Evert acadou 34 finais individuais de Grand Slam, máis que ningún outro xogador na historia do tenis profesional.[1] Mantén o récord de anos consecutivos (13) gañando polo menos un título de Grand Slam.[2] En individuais, Evert chegou polo menos ás semifinais en 52 dos 56 torneos de Grand Slam que xogou.[3] Evert nunca perdeu na primeira ou segunda rolda dun torneo individual de Grand Slam e só en dúas ocasións perdeu na terceira rolda.
A carreira de Evert ten unha porcentaxe de vitorias en partidos individuais de 89,96 % (1309–146), a máis alta da historia da era aberta do tenis, tanto en homes como en mulleres.
Evert foi presidenta da Women's Tennis Association en 1975–76 e 1983–91. Gañou o premio Philippe Chatrier e entrou no Salón da Fama do tenis internacional. Máis adiante, foi adestradora e analista de ESPN, ademais de ter unha liña de equipamento de tenis.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Women with most tennis Grand Slam finals appearances". Consultado o 6-6-2012.
- ↑ "Chris Evert Fast Facts". CNN.
- ↑ "Chris Evert WTA Player Profile". Arquivado dende o orixinal o 13-06-2012. Consultado o 6-6-2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chris Evert ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Amdur, Neil; Evert, Chris (1982). Chrissie, My Own Story. New York: Simon and Schuster. ISBN 0-671-44376-3.
- Howard, Johnette (2006). The Rivals: Chris Evert vs. Martina Navratilova: Their Epic Duels and Extraordinary Friendship. New York: Broadway. ISBN 0-7679-1885-1.
- Wind, Herbert Warren (13-10-1986). "The Sporting Scene: Mainly about Chris Evert Lloyd". The New Yorker 62 (34): 117–145.