Lard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lard
OrixeChicago, Illinois,
Período1988 - 2000 (en hiato)
Xénero(s)rock industrial, hardcore punk, metal industrial
Selo(s) discográfico(s)Alternative Tentacles
MembrosJello Biafra
Al Jourgensen
Antigos membrosPaul Barker
Jeff Ward
Bill Rieflin
Mike Scaccia
Rey Washam
Artistas relacionadosDead Kennedys, Ministry
Na rede
http://www.alternativetentacles.com/bandinfo.php?band=lard
Spotify: 0tVaocnHutXh3lK8GxfaqJ Musicbrainz: 4430600b-0fdb-43a1-be52-c81aa7ab1682 Discogs: 91860 Allmusic: mn0000780616 Editar o valor em Wikidata

Lard é unha banda estadounidense de hardcore punk/música industrial formada no ano 1988 como un proxecto paralelo por Jello Biafra (voces; antes en Dead Kennedys), Al Jourgensen (guitarra; tamén en Ministry), Paul Barker (baixo; tamén en Ministry), e Jeff Ward (batería; fora membro de xira con Ministry).[1] Co paso dos anos varios membros máis de Ministry tocaron con Lard, como Bill Rieflin, Mike Scaccia, e Rey Washam.

Ao igual que a meirande parte do traballo de Biafra, as cancións de Lard son furiosamente políticas (a guerra contra as drogas é un tema particularmente común) pero a miúdo cun toque de humor.[2]

Lard nunca xirou oficialmente e só tocou ao vivo un feixe de veces, a meirande parte delas na área de San Francisco (onde Jello vive e dirixe o seu selo Alternative Tentacles). A banda tocou durante a xira de 1988 de Ministry e nas súas datas entre 1989 e 1990. Tocou unha vez en Chicago tras rematar a gravación de The Last Temptation Of Reid, unha vez nos Ánxeles en marzo de 2003 tras un concerto de Ministry, e en San Francisco, Portland e Seattle en setembro de 2004 durante a xira Evil Doer de Ministry. Debido a que os seus membros clave están activos noutros proxectos é pouco probable que a banda realice xiras no futuro.

Segundo unha entrevista de marzo de 2009 con Jourgensen, el e Biafra están traballando nun novo álbum de Lard, que será gravado no estudio de Jourgensen en El Paso.[3] Porén, segundo outra entrevista con Biafra en xaneiro de 2010 este indicou que non era probable un novo traballo da banda, dicindo "Eu e Al falamos diso durante anos, pero nunca fomos capaces de ter un momento para intentalo e armalo".[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Last Temptation of Reid 1990 Alternative Tentacles
Pure Chewing Satisfaction 1997 Alternative Tentacles

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strong, Martin Charles (1999). The great alternative & indie discography. Edinburgh: Canongate. ISBN 978-0-86241-913-4. OCLC 42135747. 
  2. McIver, Joel. (2000). Extreme metal. London: Omnibus. ISBN 978-0-7119-8040-2. OCLC 44533330. 
  3. "SuicideGirls". SuicideGirls. Consultado o 2020-07-09. 
  4. Alarcon, Norma (1982). "We've Never Been Women, We've Never Been Nobodies". Feminist Studies 8 (1): 178. ISSN 0046-3663. doi:10.2307/3177586.