Saltar ao contido

Filter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filter
Filter en Kuwait
OrixeCleveland, Ohio,
Período1993 - presente
Xénero(s)rock industrial
Selo(s) discográfico(s)Reprise, Pulse
Na rede
http://www.officialfilter.com/
IMDB: nm1549098 Facebook: Filter Twitter: officialfilter Instagram: filter_richard_patrick MySpace: filter1 Youtube: UC41cogwZgF4sqaecj6_5QYw Souncloud: officialfilterband Spotify: 01WjpKiWVNurV5hjIadB8C iTunes: 125334796 Last fm: Filter Musicbrainz: 6ae51665-8261-4ae5-883f-1899651ad31b Songkick: 188715 Discogs: 85458 Allmusic: mn0000178122 Deezer: 1476 Genius: Filter Editar o valor en Wikidata

Filter é un grupo americano de rock industrial de Cleveland, Ohio fundado en 1993 polo guitarrista e cantante Richard Patrick e o guitarrista e compositor Brian Liesegang.

Short Bus

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum, Short Bus saíu en 1995. O álbum foi un éxito comercial e vendeu máis de 680.000 exemplares nos Estados Unidos. Incluía un single polémico, Hey Man, Niche Shot, considerado un intento de celebrar o suicidio do político norteamericano Budd Dwyer, algo que a banda negou recoñecendo porén que admiraban a determinación dunha persoa por defender o que cría que estaba ben. Houbo tamén rumores que foi o suicidio de Kurt Cobain a inspiración para a canción, pero a banda sempre o negou. Richard e Brian incorporaron o guirtarrista Geno Lenardo, o baixista Frank Cavanagh e o batería Matt Walker para realizar unha xira polos Estados Unidos e máis tarde participaron no vídeo do segundo single do álbum, "Dose".

Bandas sonoras

[editar | editar a fonte]

Entre o primeiro e o segundo álbum, Filter realizou temas de bandas sonoras para o cine , o primeiro foi "Thanks Bro", que apareceu no álbum Songs In The Key Of X: Music From And Inspired By The X-Files. Patrick é un recoñecido fan da serie e o seu irmán Robert Patrick actuou no papel de John Doggett nas tempadas 8 e 9 de The X-Files. En 1996 Filter gravou e filmou o vídeo para a canción "Jurassitol da banda sonora de A Crow: City of Angels. A banda tamén lanzou o vídeo Phenomenology no mesmo ano, que contiña algunhas actuacións en vivo e vídeos da banda así como unha entrevista con Patrick e Liesegang filmada en Novo México. Pouco tempo despois de gravar con The Crystal Method, "(Can't You) Trip Like I Do" en 1997 para a película Spawn Liesegang marchou debido a diferenzas creativas con Patrick. No ano seguinte, 1998, Patrick mantendo o nome de Filter gravou o tema One de Harry Nilsson para o filme The X-Files.

Title of Record

[editar | editar a fonte]

Patrick continuou co álbum Title of Record en 1999 con Lenardo e Cavanagh así como co Steve Gillis na percusión para encher o baleiro deixado por Matt Walker, que comezou a traballar con The Smashing Pumpkins. Title of Record distanciouse un tanto do rock industrial, e resultou no maior éxito da banda, a balada "Take a Picture", xunto cos sinxelos menos coñecidos "Welcome to the Fold" e "The Best Things". “Take a Picture” trata dun conflito nun avión, no que un bébedo Richard Patrick baixa os seus calzóns alarmando ao resto dos pasaxeiros. A canción "Captain Bligh" escribiuna Patrick despois de saír de Nine Inch Nails e trata do comportamento antisocial de Trento Reznors . "Miss Blue" é sobre o baixista de The Smashing Pumpkins, D'arcy Wretzky.

The Amalgamut

[editar | editar a fonte]

O álbum lanzado en 2002 The Amalgamut, contiña os singles "Where Do We Go from Here?" e "American Cliché". A canción "The Only Way (Is the Wrong Way)" utilizouse nos anuncios comerciais para o coche Hummer H2, e tamén na película Tomb Raider: The Cradle of Life en 2003. Para o álbum e as actuacións en directo participou Alan Bailey pero a xira rematou abruptamente despois dalgunhas semanas, cando Richard Patrick se inscribiu voluntariamente para un tratamento de rehabilitación por toxicodependencia. Patrick posteriormente tatuou esa data, 28 de setembro de 2002 no seu antebrazo.

Outros proxectos

[editar | editar a fonte]

Richard Patrick fixo parte do supergrupo The Damning Well, que só lanzou un tema para a banda sonora da película Underworld en 2003. Army of Anyone, un segundo supergrupo, co batería Ray Luzier e os membros de Stone Temple Pilots Robert e Dean DeLeo, editou o seu álbum de debut o 14 de novembro de 2006. O 25 de agosto de 2008 Richard Patrick escribiu un editorial, Talking About War,, para o Huffington Post e desde entón comezou a escribir regularmente unha columna baixo o título de Filtering The Thruth para Suicide Girls. O seu primeiro artigo, sobre política e relixión, publicouse o día das eleccións de 2008. Os antigos membros de Filter, Brian Liesegang e Matt Walker tocaron os teclados e a batería (respectivamente) na xira da banda de Billy Corgan en 2005 para promover o seu álbum.

Anthems For The Damned

[editar | editar a fonte]

Cando Army of Anyone desapareceu Patrick comezou a traballar en material para un novo álbum de Filter, Anthems for the Damned que apareceu en maio de 2008, máis serio no ton que os anteriores, expresa os seus sentimentos tanto do estado do mundo como da súa vida. O primeiro sinxelo "Soldiers of Misfortune" aborda a guerra en Iraq.

Operation: MySpace

[editar | editar a fonte]

O 7 de marzo de 2008 anunciouse que Frank Cavanagh volvera con Filter e que asistiría ao concerto en directo na Operation Myspace en Kuwait, durante ese concerto, para apoiar as tropas norteamericanas en Iraq, confirmouse que non se uniría á xira do grupo xa que fora destinado a Iraq.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

Remixes For the Damned lanzouse o 21 de novembro de 2008 nos Estados Unidos e o Canadá e internacionalmente o 1 de decembro de 2008. O sinxelo foi "I Keep Flowers Around". Un álbum de grandes éxitos The Very Best Things (1995-2008) saíu o 31 de marzo de 2009.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Short Bus 1995 Reprise Records, Warner Bros. Records
Title of Record 1999 Reprise Records, Warner Bros. Records
The Amalgamut 2002 Reprise Records, Warner Bros. Records
Anthems for the Damned 2008 Pulse
The Trouble with Angels 2010 Rocket Science Ventures
The Sun Comes Out Tonight 2013 Wind-up Records
Crazy Eyes 2016 Wind-up Records
The Algorithm 2023 Golden Robot Records