Jean Jadot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean Jadot
Nome orixinalJean Charles Auguste Georges Jadot
Biografía
Nacemento1917
Morte13 de xullo de 2010 (92 anos)
Bruxelas.
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Bélxica Belga.
Coñecido porPresidente da SRNB.
Director de Revue de numismatique et de sigillographie.
Actividade
Campo de traballoNumismática, bibliofilia, coleccionismo de arte.
EmpregadorReal Academia de Arqueoloxía de Bélxica.
Membro de
Sociedade Real de Numismática de Bélxica.
Sociedade Real de Amigos da Medalla de Arte.


Jean Jadot, nado en Saint-Gilles, Bruxelas, en 1917 e finado en Bruxelas o 13 de xullo de 2010, foi un coleccionista de arte, bibliófilo e numismático belga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como erudito autodidacta, o interese de Jean Jadot abrangueu varios aspectos do coñecemento, especializándose sobre todo no século XVIII. Na Revue de numismatique et de sigillographie publicou publicou numerosos artigos sobre numismática, sixilografía, bibliofilia e outros asuntos.[1][2]

Como coleccionista, en 1935 iniciou unha colección de debuxos antigos de todas as escolas, gravados, libros con ex libris, autógrafos, medallas e outros obexctos. Estre eles había debuxos de artistas tan recoñecidos como Peter Paul Rubens e gravados da época austríaca e da Revolución brabantina en Bélxica. A colección foise dispersando pouco e pouco. En 1996, Jadot ofreceu ao Gabinete de Estampas da Biblioteca Real de Bruxelas doce debuxos de paisaxes, algunhas estampas e unha prancha de cobre de Sauveur Legros.[3] Pola súa banda, algunhas pezas do século XVIII acabaron formando parte das coleccións do Banco Nacional de Bélxica.[2] Ademais, o 13 de dedembro de 2016 vendeuse unha importante parte do resto da colección de Jadot, na sala de poxas Godts de Bruxelas.[4][5]

Jean Jadot foi elixido membro correspondente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica en 1946; logo foi tesoureiro da entidade de 1948 a 1967, vicepresidente en 1967 e presidente de 1970 a 1976.[1] A partir de entón recibiu o nomeamento de presidente honorario.[2] Entre 1970 e 1982 tamén foi un dos directores da publicación periódica desa sociedade, a Revue de numismatique et de sigillographie.[1]

Ademais, pertenceu a outras sociedades eruditas e de carácter científico. Foi asesor, tesoureiro xeral e logo presidente da Real Academia de Arqueoloxía de Bélxica (1979-1980) e tamén secretario da Sociedade Real de Amigos da Medalla de Arte (1949-1959).[1][2]

Jean Jadot finou en Bruxelas o 13 de xullo de 2010,[2] pouco antes de facer 93 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Smolderen, L. (2010).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Jadot, Jean". Marquesdecollections.fr
  3. Van Ooteghem, S. (2012). "Donation de dessins de Sauveur Legros". En Fondation Custodia E-News, 9. 2. Páxina 5.
  4. Farcy, P. (2016). "Souvenirs de Jean Jadot". Lalibre.be. 9 de decembro.
  5. "Des objets historiques d'un des plus grands collectionneurs du pays vendus aux enchères". En Lesoir.be. 9 de decembro de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]