Jean-Jacques Beineix
Jean-Jacques Beineix | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de outubro de 1946 |
Lugar de nacemento | París e 17.º arrondissement de Paris |
Falecemento | 13 de xaneiro de 2022 |
Lugar de falecemento | 18.º arrondissement de Paris |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Lycée Carnot e Lycée Condorcet |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema, novelista, roteirista de cinema e escritor |
Coñecido por | 37°2 le matin e Diva |
Premios | Premios César |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jean-Jacques Beineix, nado en París o 8 de outubro de 1946 e finado na mesma cidade o 13 de xaneiro de 2022,[1] foi un director, guionista e produtor francés de cinema.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1964, Jean-Jacques Beineix debuta como asistente realizador de Jean Becker na serie televisiva Les saintes chéries até 1967. Máis tarde, en 1970 con Claude Berri, e en 1971 con Claude Zid. En 1977 realiza a súa primeira curtametraxe Le Chien de M. Michel que gañou o premio do festival de Trouville. En 1980, Jean-Jacques Beineix realiza a súa primeira longametraxe titulada Diva, que gañou catro premios César. Moi premiado tamén foi o seu filme 37°2 le matin, con Béatrice Dalle e Jean-Hugues Anglade, filme que foi nomeado ao mellor de fala non inglesa nos Oscars.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- 1977 - Le Chien de M. Michel
- 1980 - Diva con Wilhelmenia Wiggins Fernández, Frédéric Andrei
- 1983 - La Lune dans le caniveau con Gérard Depardieu, Nastassja Kinski
- 1985 - 37°2 le matin con Jean-Hugues Anglade, Béatrice Dalle
- 1989 - Roselyne et les Lions con Isabelle Pasco, Philippe Clévenot
- 1991 - IP5 (L'Ile aux pachydermes) con Yves Montand, Olivier Martínez
- 2000 - Mortel transfert con Jean-Hugues Anglade, Hélène De Fougerolles
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Jean-Jacques Beineix, le réalisateur de "37°2 le matin", est décédé" (en francés). France Bleu. 14 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.