Jealsa-Rianxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan José Dieste (dereita), alcalde de Boiro, xunto o Conselleiro de Industria, Javier Guerra (esquerda), e Jesús Alonso (centro), propietario de Jealsa-Rianxeira.

Jealsa Rianxeira é unha sociedade anónima con domicilio social na rúa Bodion, de Boiro, A Coruña, co seguinte obxecto social: Artigo 2. Obxecto. Constitúe o obxecto social da Sociedade: 1º A fabricación, compravenda, importación, exportación e subministración de toda clase de conservas de peixe e mariscos; o seu envasado e comercio en xeral de tal industria.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa créase no ano 1958 da man de Jesús Alonso Fernández pero non é ata o ano 1974 cando a empresa pasa a constituírse en sociedade anónima co nome de Jesús Alonso, S.A. (Jealsa).

No ano 1991 a empresa adquire o que será a segunda planta de procesamento, que funcionará como complemento da primeira planta, na que está centralizado o proceso de elaboración de conservas de atún, cunha capacidade de produción de 400 Tm/día. Tamén cabe destacar que antes de facer esta adquisición, no 1987, Jealsa foi a primeira empresa en introducir o abrefácil nas súas latas.[Cómpre referencia]

O ano 1998 foi importante para a empresa, xa que incorpora o aceite de oliva en toda a súa gama de produtos.

No ano 2000 constitúese a sociedade Mare Aperto froito do proceso de joint venture con Star en Italia. Un ano máis tarde coñécese un dato revelador sobre a importancia da empresa no sector, prodúcense uns 390 millóns de latas.

Información adicional[editar | editar a fonte]

O grupo Jealsa Rianxeira está constituído por 14 sociedades repartidas en tres áreas: pesca e servizos, conservas e pescados e medioambiente e enerxía. Con presenza industrial en España e Guatemala, e comercial en Portugal, Francia e Italia ofrece emprego a máis de 2000 traballadores.

Frota propia[editar | editar a fonte]

A través da súa filial Sant Yago, teñen en funcionamento un buque atuneiro e un buque auxiliar. Tamén participan na compañía atuneira española Albaroca, S.A. Con este sistema asegúranse o aprovisionamento da materia prima.

Produción[editar | editar a fonte]

O Grupo Jealsa Rianxeira facturou no ano 2010 uns 421 millóns de euros, o que supón un 14% máis que en 2009; crecemento impulsado principalmente polas exportacións que aumentaron nun 47% en dito ano.

Deste modo, Jealsa consolídase no mercado nacional como a segunda compañía conserveira. Os seus principais produtos conserveiros son: Atún claro en aceite de oliva, atún claro en aceite vexetal, bonito, lura, marisco, mexillóns, sardiñas, ensaladas e como novidade destacan os bocaditos.

Para a súa produción, o grupo dispón de dúas plantas de procesamento, ambas situadas en Galicia. A principal, destinada á fabricación de conservas de atún, está considerada polos expertos como unha das máis modernas do mundo. Na segunda planta, elabora o resto da gama de produtos.

Calidade[editar | editar a fonte]

Os mexillóns son extraídos das Rías Galegas, as sardiñas dos caladoiros Atlántico Español-Portugués e do Cantábrico Español, Sardinillas dos caladoiros Atlántico Español–Portugués e do Mediterráneo.

A calidade dos produtos está avalada por certificados como Galicia Calidade e o EFSIS HIGHER. Este último, concedido pola asociación de distribuidores e importadores británicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]