Rianxeira (conserveira)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jealsa Rianxeira S.A.
TipoSociedade Anónima
Fundación1958
LocalizaciónBoiro (A Coruña)
Persoas claveJesús Alonso Fernández
IndustriaConserveira
Na rede
http://www.rianxeira.com
editar datos en Wikidata ]

O grupo Jealsa Rianxeira engloba un total de 14 sociedades que abarcan tres liñas de actividade: conservas de peixe, pesca e servizos, e medio ambiente e enerxía. Dende a súa sede central sita en Boiro (A Coruña), a sociedade goza dunha situación predominante no sector europeo e afronta nos últimos anos un proxecto de expansión a outros mercados.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1958, Jesús Alonso Fernández creou a conserveira que levaba o seu nome, pasando a constituírse no ano 1974 a sociedade anónima co seu nome Jesús Alonso, S.A. (Jealsa).

No ano 1991 a sociedade adquiriu unha segunda planta de proceso. Na planta principal atópase centralizado o proceso de elaboración de conservas de atún, cunha capacidade de produción de 400 Tm. por día, sendo considerada polos expertos coma unha das máis modernas do mundo. A segunda planta produce os demais produtos da súa ampla gama.

En 1987, Jealsa foi a primeira conserveira española en introducir a sinxela apertura nas latas, iniciativa da que se contaxiou o mundo das conservas español.

En 1998, Jealsa introduce en toda a súa gama de produtos o aceite de oliva.

No ano 2000 constituíuse a sociedade Mare Aperto, froito do proceso de joint venture con Star en Italia.

Outra vantaxe engadida é a incorporación do envase de aluminio en tódolos seus produtos, agás no atún, ofrecendo unha maior seguridade e facilidade no manexo e apertura de ditos envases.

Estas iniciativas, fan de Jealsa Rianxeira un punto de referencia obrigado no seu sector, e un exemplo de éxito no mundo da conserva a nivel europeo.

Instalacións[editar | editar a fonte]

A súa planta principal conta cunha superficie industrial de 80.500 m2 e unha superficie de produción de 29.800 m2. No ano 2001 a cantidade aproximada de latas fabricadas supera os 390 millóns e acadará os 400 millóns en 2002.

Conta cunha planta depuradora que combina dous procesos biolóxicos, cun dixestor anaeróbico e un reactor aeróbico, que non leva consigo ningún proceso químico. Ten unha capacidade de depuración de 850 m³/día.

Teñen en funcionamento unha planta de coxeración con sete motores de 5.000 CV. cada un, e que en conxunto xeran 24,9 MW e proporciona electricidade a 8.000 vivendas. Esta planta proporciona enerxía térmica e eléctrica á planta conserveira. Todo iso co compromiso coa contorna avalado polo Certificado de Calidade Medioambiental UNE EN-ISO14001:96.

As súas instalacións compleméntanse cunha planta frigorífica cunha superficie de 6.000 m2 e un almacén cunha capacidade para 10.000 palets.

Frota propia[editar | editar a fonte]

A través da súa filial Sant Yago, teñen en funcionamento un buque atuneiro e un buque auxiliar. Tamén participan na compañía atuneira española Albaroca, S.A. Con este sistema asegúranse o aprovisionamento da materia prima.

Mercados internacionais[editar | editar a fonte]

En Portugal comercializan ca marca Rianxeira, contando cunha cota de mercado do 8%, sendo a terceira do mercado. A súa distribución ponderada en hipermercados é do 100% e en supermercados do 64%. En Francia comercializan cas marcas Soluco la Mer, Chancerelle Frères e Rianxeira. Nos últimos anos acadaron un crecemento sostible do 40%.

Dende o ano 1996 manteñen relacións estables para a comercialización de marcas privadas no Reino Unido, Alemaña, Austria, Bélxica e Países Baixos.

No ano 2000 formalizouse unha joint venture con Star, creando a sociedade Mare Aperto, o que supuxo unha forte implantación no mercado italiano, acadando unha cota do 10%.

Cabe destacar que é provedor único de Mercadona para a súa marca Hacendado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]