Saltar ao contido

Jesús Alonso Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Alonso Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Boiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 2022 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Boiro, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Boiro
1995 – 2003
← Manuel Velo VeloXosé Deira Triñanes → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Jesús Alonso Fernández, nado en Boiro o 20 de decembro de 1929 e finado o 27 de maio de 2022,[1] foi un empresario e político galego. Foi o fundador e presidente do grupo Jealsa-Rianxeira e alcalde de Boiro durante 8 anos.

Traxectoria empresarial

[editar | editar a fonte]

De adolescente seus pais mandárono estudar comercio a Vilagarcía. Unha vez titulado, e tras traballar nun banco na capital arousá, regresou a Boiro, onde a súa familia rexentaba unha tenda de tecidos e paquetería. Deste negocio montou unha empresa de confección máis grande en 1954, Jealfer, da cal abriu unha factoría máis grande en 1960. No ano 1958 fundou a empresa conserveira Jealsa, situada no porto do Bodión, na parroquia boirense de Abanqueiro, a cal a día de hoxe é líder mundial en manufacturación de atún e dá emprego a máis de 2000 persoas en Boiro e a comarca do Barbanza.[cando?] O grupo Jealsa facturou 704 millóns de euros (2021)[2] e está presidido na actualidade por Jesús Manuel Alonso Escurís, fillo de Jesús Alonso Fernández.[3]

Jesús Alonso tamén foi socio fundador, en 1974, xunto cos outros empresarios españois, de Albacora.

Coa chegada do século XXI, a empresa decidiu dar o salto e emprende a súa internacionalización no continente americano. A primeira empresa que se pon en marcha é IACASA, en Guatemala, no ano 2000. En 2002, Jealsa comprou Pesquera Trans Antartic en Chile, propietaria da marca de conservas Robinson Crusoe. En 2010, Jesús Alonso toma a iniciativa de expandir Jealsa no Brasil, onde tamén construíu e puxo en marcha unha planta conserveira propia; no Brasil, tamén impulsa Crusoe Foods e introdúcea no seu estado Ceará. Na actualidade, Crusoe Foods, con oficina comercial en Fortaleza e São Paulo, ten unha planta de produción en São Gonzalo de Amarante e é unha das primeiras empresas conserveiras do Brasil.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Coa chegada da democracia militou en Alianza Popular. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Boiro, mellorando os resultados de 1987, sendo a segunda forza máis votada con seis concelleiros, pero sen conseguir gañarlle ó PSdeG-PSOE de Manuel Velo Velo, polo que foi o voceiro popular na oposición. Nas municipais de 1995 foi elixido alcalde ao lograr unha ampla maioría absoluta con 11 concelleiros de 17. No 1999 mantivo a maioría absoluta malia perder 1000 votos e 2 concelleiros, polo que quedou con 9 concelleiros, tan só 1 por riba dos grupos da oposición. No 2003 logrou 8 concelleiros e perdeu a maioría absoluta, polo que os demais grupos se uniron e fixeron alcalde ao nacionalista Xosé Deira Triñanes. En decembro de 2003 dimitiu como concelleiro, sendo substituído como voceiro do PPdeG por Manuel López Outeiral.

Tras a súa morte en maio de 2022 decretáronse en Boiro tres días de loito oficial.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Pura Escurís Batalla,[5] coa que tivo 5 fillos, Puri, Jesús M., Juan L., Javier e Miguel.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
    • Medalla de prata de Galicia 1999[6]
    • Medalla de Ouro da Federación de Empresarios do Barbanza. 2005.[7]
    • Premio Galego do ano do grupo El Correo Gallego 2012.
    • Cruz de Prata da Orde do Mérito da Garda Civil. 2013.[8]
    • I Premio á Excelencia Empresarial do Club Financeiro de Santiago. 2013.[9]
    • Premio Familia Empresaria. Asociación Galega da Empresa Familiar. 2009.[10]
  1. Piñeiro, Alba (27/5/2022). "Luto oficial en Boiro por el fallecimiento de Jesús Alonso Fernández, fundador de la conservera Jealsa" (en castelán).
  2. "Fallece Jesús Alonso, el empresario que de la nada forjó el imperio Jealsa". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-28. Consultado o 2022-10-24. 
  3. Esteban, Antonio Gonzalez (2015-07-01). "Relevo Generacional". Jealsa (en castelán). Consultado o 2022-10-24. 
  4. Soler, Paula (2022-05-27). "Fallece Jesús Alonso, fundador del grupo conservero Jealsa, a los 92 años de edad". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2022-10-24. 
  5. Penas, Álvaro (2002-02-08). "La toma de control de Escurís por Jealsa desata un conflicto familiar". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2022-10-24. 
  6. "Medallas de Galicia. 1999 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-10-24. 
  7. "La patronal comarcal distingue a Jesús Alonso con la medalla de oro". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-07-29. Consultado o 2022-10-24. 
  8. "La Guardia Civil otorga la Cruz de Plata a Jesús Alonso". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-10-09. Consultado o 2022-10-24. 
  9. "Club Financiero premia la trayectoria empresarial del presidente de Jealsa". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-10-24. 
  10. editorial, Manuel Pavon director (2009-10-28). "El clan Alonso Escurís obtiene el Premio a la Familia Empresaria". La Empresa Familiar (en castelán). Consultado o 2022-10-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Velo Velo
 
Alcalde de Boiro
 
1995 - 2003
Sucesor:
Xosé Deira Triñanes