Xavier Guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Javier Guerra»)
Infotaula de personaXavier Guerra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Javier Jorge Guerra Fernández Editar o valor em Wikidata
12 de xullo de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
26 de marzo de 2008 – 20 de abril de 2009 – María Pilar Ramallo Vázquez →

Circunscrición electoral: Pontevedra

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Javier Jorge Guerra Fernández, nado en Vigo o 12 de xullo de 1964, é un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía, ten un mestrado en administración de empresas e mercadotecnia. Dende 1987 traballa na xestión de distintas empresas, algunhas delas téxtiles, como Camper ou Nike. En 2002 fundou con Juan A. Costas a empresa El secreto del mar, firma dedicada á produción téxtil. A empresa adquiriu a licenza da marca El Niño, vencellada a roupa para surf, e expandiu as liñas de produción, con apertura de diversas tendas propias en España (2003) e con fabricación en Portugal a partir de 2004. En 2007 a firma acadou unha facturación de 31 millóns de euros[1] e trasladou a súa sede central de Coruxo a Madrid.

Militante do Partido Popular de Galicia, en 2003 presentouse ás eleccións municipais no concello de Vigo na candidatura encabezada por Corina Porro, e converteuse en concelleiro. A finais dese ano, logo da perda dunha moción de confianza do alcalde socialista Ventura Pérez Mariño, Porro converteuse en alcaldesa e Guerra asumiu as competencias de economía e facenda. Nas eleccións de 2007 repetiu como concelleiro, pero o PP non accedeu ao goberno. En 2008 saíu elixido como deputado ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra. Renunciou o 20 de abril de 2009. En 2009 foi nomeado conselleiro de Economía e Industria. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

Tralo seu paso por Ciudadanos, en 2019 volveu ás listas do Partido Popular.

En 2018 anunciou a súa incorporación á agrupación local viguesa de Ciudadanos xunto cun grupo de militantes descontentos do Partido Popular[2], tras perder en 2016 a pugna pola presidencia local do partido.[3] Nas eleccións xerais de novembro de 2019 encabezou a candidatura ao Senado pola provincia de Pontevedra, de novo polo Partido Popular.

En decembro de 2021 tentou, outra vez, liderar o PP en Vigo. Non foi elixido polos militantes, que apoiaron maioritariamente á súa rival, Marta Fernández-Tapias.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos; Javier Guerra e Carmen Guerra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Fernando Blanco Álvarez
 
Conselleiro de Economía e Industria
 
2009 - 2012
Sucesor:
Francisco Conde López