Saltar ao contido

Janis Joplin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJanis Joplin

(1970) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Janis Lyn Joplin Editar o valor en Wikidata
19 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Port Arthur, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1970 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, intoxicação por opioides (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOcéano Pacífico
sepultamento no mar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Texas en Austin
Kenmore West Senior High School (en) Traducir
Lamar University (en) Traducir
Thomas Jefferson High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, guitarrista, compositora, cantautora, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 1970 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRock psicodélico, Blues, Blues rock, Soul, Acid rock, hard rock, folk e Música country Editar o valor en Wikidata
MovementoContracultura da década de 1960 (pt) Traducir e Hippy Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, guitarra acústica e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Mainstream Records (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
NaiDorothy Bonita Joplin Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webjanisjoplin.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0429767 Rottentomatoes: celebrity/janis_joplin TV.com: people/janis-joplin IBDB: 495465
Facebook: janisjoplin Twitter: janisjoplin Instagram: janisjoplin MySpace: janisjoplin Youtube: UCFlM0rQaEvMGxNQtXhYhTnQ TikTok: janisjoplin BNE: XX940331 Souncloud: janis-joplin-music Spotify: 4NgfOZCL9Ml67xzM0xzIvC iTunes: 365673 Last fm: Janis+Joplin Musicbrainz: 76c9a186-75bd-436a-85c0-823e3efddb7f Songkick: 19445 Discogs: 120232 Allmusic: mn0000177060 WikiTree: Joplin-40 Find a Grave: 555 Deezer: 1658 Editar o valor en Wikidata

Janis Lyn Joplin, nada en Port Arthur (Texas) o 19 de xaneiro de 1943 e finada nos Ánxeles (California) o 4 de outubro de 1970, foi unha cantante estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cantante de coro dende nena, comezou a súa carreira musical na Universidade de Texas, onde colaborou cunha banda chamada 'Waller Creek Boys', na que se mesturaba o blues co rock. As súas influencias polo blues viñeron da man de Leadbelly e Bessie Smith, as cales transmitiu ó seu propio rock, xunto coa influencia de Otis Redding.

En 1963 marchou a San Francisco, onde cantaba en locais nocturnos. Alí afeccionouse ás anfetaminas e os seus amigos devolverona á súa casa dous anos máis tarde. En 1966 regresou a San Francisco e uniuse á banda Big Brother And The Holding Company. Fixéronse moi coñecidos na cidade. O prestixio de Janis Joplin creceu, e chegaron a tocar no Monterrey Pop Festival, o que lles valeu que unha importante discográfica se fixara neles e lles propuxera publicar un disco. Pronto sacaron á luz o segundo traballo da banda, que se converteu nun grande éxito: "Cheap Thrills".

En 1968 Janis abandonou o grupo por discrepancias co resto dos membros. O éxito non lles sentou demasiado ben. En 1969, a cantante deu un paso adiante creando un grupo chamado Janis and the Joplianaires, xunto ao Big Brother Sam Andrew e outros músicos. Posteriormente cambiarían o nome da banda polo de Kozmic Blues Band.

Coa Kozmic Blues Band gravou un novo álbum: I Got Dem Ol'Kozmic Blues Again, Mama!, o cal foi recibido con frialdade polo público. Ademais, os concertos en directo eran un desastre. A pesar de que no disco se notaba o mal estado de Janis, vítima do seu consumo desmedido de alcohol, o disco tiña algunha boa interpretación da vocalista.

A súa fama foise deteriorando pouco a pouco, mentres que a súa adicción á heroína aumentaba. Morreu por mor dunha sobredose de dita droga. A título póstumo publicouse o último disco no que traballaba, Pearl, que contaba con colaboracións de Kris Kristofferson e de Bobby McGee, ademais dunha renovada Kozmic Blues Band.