Jairo Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jairo Salgueiro
Información persoal
NacionalidadeEspaña
Nacemento20 de novembro de 2000
Monforte de Lemos, Galicia Galicia
Altura1,77 m
Deporte
PaísEspaña España
DeporteAtletismo
editar datos en Wikidata ]

Jairo Salgueiro Montero, nado en Monforte de Lemos o 20 de novembro de 2000, é un atleta paralímpico galego, campión de España en 100 metros lisos e en salto de lonxitude. En febreiro de 2018, foi considerado o mellor atleta español sub-20.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Padece albinismo ocular e nistagmus[1] e compite na categoría T12 do deporte paralímpico.[2] Iníciase no atletismo en setembro de 2016 na Escola Atlética Lucense.[3] Anteriormente xogaba ao fútbol, no Calasancio e no CF Monforte.

No torneo nacional de inverno da ONCE disputado en Alacant consegue dúas medallas de bronce,[3] en 100 metros lisos e salto de lonxitude. En maio de 2017, Jairo conquista tres medallas no campionato de España de verán da ONCE disputado en Segovia: unha de ouro en salto de altura e dúas pratas, en 100 metros e lonxitude.[3] En xuño do mesmo ano, acaba cuarto en 100 metros e quinto en salto de lonxitude no campionato de España absoluto adaptado.[4]

En febreiro de 2018, proclámase campión de España de promesas paralímpicas na proba de 100 metros lisos e subcampión na de salto de lonxitude en Torrent (Valencia), mellorando as súas marcas nas dúas disciplinas. As medallas válenlle para ser considerado o mellor atleta sub-20 de España.[1] En abril de 2018 foi convocado pola Federación Española de Deportes para Cegos para participar no Meeting Internacional de Marrakech (Marrocos),[2] no que obtivo a medalla de ouro en salto de lonxitude e dúas medallas de prata nas probas de 100 e 200 metros lisos.[5]

No mes de xuño destaca no campionato de España de menores paralímpicos disputado en Segovia, acadando a medalla de prata nos 100 metros lisos, bronce en 200 metros lisos e mellorando a súa mellor marca persoal en salto de lonxitude.[6] No campionato de España absoluto paralímpico disputado en Fuenlabrada (Madrid) conquista dúas medallas de prata, nas probas de salto de lonxitude e de 100 metros lisos.[7]

En marzo de 2019 proclámase campión de España sub-20 de 100 metros lisos e de salto de lonxitude en Collado Villalba (Madrid), cun salto de 5,74 m, acadando a marca mínima para o campionato do mundo júnior.[8] Ademais tamén superou a súa mellor marca persoal, cun salto de 6,06 m, aínda que esa marca só era válida para a competición.[8] No campionato de España sub-20 disputado en Segovia en xuño proclámase campión en salto de lonxitude e bate a súa marca persoal, con 5,97 m. Tamén acada a medalla de prata en 100 metros lisos.[9] O 1 de agosto de 2019 debuta nun Campionato do Mundo en Nottwil (Suíza), no que conquista a medalla de bronce na proba de salto de altura, con 5,75 m.[10] En 100 metros lisos é duodécimo.[11]

En xaneiro de 2020 debuta no campionato galego de xoves promesas en Ourense, no que mellora a súa marca persoal en salto de lonxitude. En 60 metros lisos é noveno e en 200 metros lisos, sétimo.[12]

Progresión[editar | editar a fonte]

Salto de lonxitude[editar | editar a fonte]

Data Campionato Lugar Marca (m)
3 de febreiro de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Torrent (Valencia) 5,20
26 de abril de 2018 Meeting Internacional Marrakech (Marrocos) 5,05
16 de xuño de 2018 Campionato de España de Menores Segovia 5,59
30 de xuño de 2018 Campionato de España de clubs Fuenlabrada (Madrid) 5,22
23 de marzo de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Collado Villalba (Madrid) 6,06
22 de xuño de 2019 Campionato de España de Menores Segovia 5,97
1 de agosto de 2019 Campionato do mundo júnior sub-20 Nottwil (Suíza) 5,75
19 de xaneiro de 2020 Campionato de Galicia sub-23 en pista cuberta Ourense 5,58

60 metros lisos[editar | editar a fonte]

Data Campionato Lugar Marca (s)
19 de xaneiro de 2020 Campionato de Galicia sub-23 en pista cuberta Ourense 7,87

100 metros lisos[editar | editar a fonte]

Data Campionato Lugar Marca (s)
3 de febreiro de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Torrent (Valencia) 12,54
26 de abril de 2018 Meeting Internacional Marrakech (Marrocos) 12,59
16 de xuño de 2018 Campionato de España de Menores Segovia 12,32
1 de xullo de 2018 Campionato de España de clubs Fuenlabrada (Madrid) 12,69
23-24 de marzo de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Collado Villalba (Madrid) 12,17
22 de xuño de 2019 Campionato de España de Menores Segovia 12,35
2 de agosto de 2019 Campionato do mundo júnior sub-20 Nottwil (Suíza) 12,36

200 metros lisos[editar | editar a fonte]

Data Campionato Lugar Marca (s)
27 de abril de 2018 Meeting Internacional Marrakech (Marrocos) 25,56
17 de xuño de 2018 Campionato de España de Menores Segovia 25,88
30 de xuño de 2018 Campionato de España de clubs Fuenlabrada (Madrid) 25,86
19 de xaneiro de 2020 Campionato de Galicia sub-23 en pista cuberta Ourense 25,65

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos do mundo[editar | editar a fonte]

Ano Campionato Lugar Medalla Competición
2019 Campionato do mundo júnior sub-20 Suíza Nottwil, Suíza Bronce Salto de lonxitude

Encontros internacionais[editar | editar a fonte]

Ano Campionato Lugar Medalla Competición
2018 Meeting Internacional de Marrakech Flag of Morocco.svg Marrakech, Marrocos Ouro Salto de lonxitude
Prata 100 metros lisos
Prata 200 metros lisos

Campionatos de España[editar | editar a fonte]

Ano Campionato Lugar Medalla Competición
2019 Campionato de España de menores Segovia Ouro Salto de lonxitude sub-20
Prata 100 metros lisos sub-20
Campionato de España Liberty de promesas paralímpicas Collado Villalba, Madrid Ouro Salto de lonxitude sub-20
Ouro 100 metros lisos sub-20
2018 Campionato de España adaptado clubs Fuenlabrada, Madrid Prata Salto de lonxitude
Prata 100 metros lisos
Campionato de España de menores Segovia Prata 100 metros lisos
Bronce 200 metros lisos
Campionato de España Liberty de promesas paralímpicas Torrent, Valencia Ouro 100 metros lisos sub-20
Prata Salto de lonxitude sub-20
2017 Campionato de España FEDC menores de verán Segovia Ouro Salto de altura
Prata 100 metros lisos
Prata Salto de lonxitude
Campionato de España FEDC menores de inverno Alacant Bronce 100 metros lisos
Bronce Salto de lonxitude

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Jairo, mellor atleta nacional sub-20". La Voz de Galicia. 6 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Outro paso de superación para Jairo Salgueiro". El Progreso. 25 de abril de 2018. Consultado o 30 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "O atleta Jairo Salgueiro pide paso". La Voz de Galicia. 30 de maio de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  4. "Matrícula para o atletismo local". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  5. "Ao asalto do campionato de España". La Voz de Galicia. 14 de xuño de 2018. Consultado o 30 de abril de 2020. 
  6. "Jairo brilla no atletismo español". La Voz de Galicia. 22 de xuño de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  7. "Salgueiro logrou dúas medallas no campionato de España". La Voz de Galicia. 1 de xullo de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Jairo Salgueiro proclámase campión de España de salto de lonxitude". La Voz de Galicia. 23 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  9. "Jairo Salgueiro, campión de España". La Voz de Galicia. 22 de xuño de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  10. "Jairo Salgueiro conquista a medalla de bronce no seu primeiro mundial". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  11. "Jairo Salgueiro, máis preto de París 2024". La Voz de Galicia. 3 de agosto de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  12. "Jairo Salgueiro mellora a súa marca en salto de lonxitude no galego". La Voz de Galicia. 20 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  13. "Homenaxe aos mellores en Monforte". La Voz de Galicia. 5 de maio de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  14. "Resolución de 20 de decembro de 2019, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, sobre a relación de deportistas de alto nivel correspondente ao segundo listado do ano 2019" (PDF). La Voz de Galicia. 20 de decembro de 2019. Consultado o 30 de abril de 2020.