Saltar ao contido

Jacob Jordaens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacob Jordaens

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1593 Editar o valor en Wikidata
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 1678 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo flamengo Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Anveres
Ámsterdam
Putte (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, gravador, debuxante, artista visual Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato, Pintura de historia, pintura relixiosa, pintura mitolóxica, pintura de xénero, Arte de paisaxes e arte de xénero Editar o valor en Wikidata
MovementoPintura barroca flamenga (pt) Traducir e Barroco Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAdam van Noort (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJohann Ulrich Mayr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCatharina van Noort Editar o valor en Wikidata
FillosElisabeth Jordaens, Jacob Jordaens (II), Anna Catharina Jordaens Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Jacob Jordaens)
Het Gulden Cabinet (en) Traducir, (sec:Jacques Jordaens Schilder van Antwerpen, gheboren den 19 Mey 1594, Het Tweede Deel, pag. 238)
Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Jordaens, Jacob, 336) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1026520 Musicbrainz: c3e5092f-4a74-4a81-ab33-36e1bff9922a Discogs: 4707229 WikiTree: Jordaens-2 Editar o valor en Wikidata
Autorretrato coa esposa e súa filla Elisabeth. Museo do Prado.

Jacob Jordaens, nado en Anveres o 19 de maio de 1593 e finado o 18 de outubro de 1678, foi un pintor flamengo. Foi un dos maiores mestres da pintura anversiense do século XVII, xunto con Rubens e Anton van Dyck.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seu pai era un mercador de tecidos. A familia Jordaens formaba parte da burguesía acomodada: a casa familiar estaba situada na Hoogstraat (Rúa Alta), unha das rúas máis coñecidas polo comercio de tecidos de Anveres, e comunicaba a Grande-Place co Rivage (as dúas prazas máis importantes da cidade).

Jordaens foi bautizado o 20 de maio de 1593, ao outro día de nacer, como o testemuñan os rexistros da igrexa católica de Nosa Señora de Anveres. Fillo máis vello, os pais tiveron logo outros dez (oito nenas e dous nenos). A súa infancia apenas nos é coñecida, mais probabelmente recibise unha educación suficiente como era característico entre a burguesía da súa época.

A partir de 1607, fórmase con Adam van Noort, un pintor flamengo cuxos cadros son de atribución dubidosa. Adam Van Noort era luterano, mais despois do triunfo da Contrarreforma en Anveres se viu obrigado, como a súa familia, a disimular a súa fe. Jordaens viviu coa familia Van Noort, composta polo matrimonio e seis fillos, até 1618.

O 15 de maio de 1616, Jacob casou coa filla máis vella do seu mestre, Catharina Van Noort, catro anos maior ca el. Fixeron un casamento de rito católico. Do seu matrimonio naceron tres fillos: Elisabeth (1617), Jacques (1625) e Anne Catherine (1629).

A pesar do seu benestar económico, Jordaens non viaxou nunca a Italia, viaxe que era considerada como necesaria para a educación dun artista que se prezase.

Famoso polo cadro O rei bebe, pintado arredor de 1640, converteuse no primeiro pintor de Anveres, logo da morte de Rubens nese ano.

Tiña colaborado con Rubens entre 1620 a 1640, por exemplo en obras destinadas á decoración da Torre de la Parada, en Madrid, que encargara o rei de España.

En 1671, sete anos antes da súa morte, converteuse ao calvinismo. Jacob Jordaens faleceu o 18 de outubro de 1678, o mesmo día que a súa filla Elisabeth.

Obras principais

[editar | editar a fonte]
  • Os catro evanxelistas, (ca. 1625-30), Museo do Louvre, París.
  • Alegoría da Fecundidade, (ca. 1625), Musées Royaux des Beaux-Arts, Bruxelas.
  • A infancia de Xúpiter (ou "Xúpiter neno alimentado pola cabra Amaltea"), (ca. 1630), (Louvre).
  • O repouso de Diana, (1645-55), (Louvre).
  • Grandes cabalos, cartóns, Museo de Viena.
  • Educación de Luis XIII, cartón.
  • Louis XIII da cabalo saltando un obstáculo, cartón e tapiz, Château de Chastellux.
  • Louis XIII da csbalo, cartón e tapiz, Château de Chastellux.
  • Louis XIII no seu cabalo castaño, cartón r tapiz, Château de Chastellux.
  • O triunfo da relixión, igrexa parroquial de Argentré-du-Plessis.
  • O Xuízo final, igrexa parroquial de Notre-Dame de Bougival).
  • San Martiño desconxurando un poseso, igrexa de Brandeville)
  • A Asunción, igrexa de Santo Hipólito, Poligny), copia?.
  • Triunfo de de Frederico-Henrique de Orange-Nassau, (1651-1652), Casa de Orange-Nassau, A Haia.
  • Cabezas de apóstolos, (1610), Douais.
  • A familia do pintor, (1620-1621), Museo do Prado, Madrid.
  • Meleagro e Atalanta, Museo do Prado.
  • Piéta, Museo do Prado.
  • Ofrenda a Ceres, Museo do Prado.
  • Autorretrato con os pais e irmáns, Museo do Ermitaxe, San Petersburgo.
  • Cabeza de anciá, Museo de Belas Artes, Nancy.
  • Retrato dun home, (1624), The National Gallery of Art, Washington.
  • Un monteiro e os seus cans, (1635), Pazo de Belas Artes de Lille.
  • A habilidade do neno prodixio, Pazo de Belas Artes de Lille.
  • Susana e os vellos, Pazo de Belas Artes de Lille.
  • Cristo e os fariseos, (ca. 1660), Pazo de Belas Artes de Lille.
  • O rapto de Europa, (1643), Pazo de Belas Artes de Lille.
  • Tributo de San Pedro, (Copenhague)
  • O sátiro e o campesiño, Budapest, Bruxelas, Múnic, Gotemburgo, Cassel...

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]