János Starker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
János Starker
János Starker.jpg
János Starker, 2009.
Naceu 5 de xullo de 1924
Orixe Budapest, Hungría Hungría
Morreu 8 de abril de 2013
Bloomington, Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación (s) Violonchelista

János Starker, nado en Budapest o 5 de xullo de 1924 e finado o 8 de abril de 2013[1], foi un violonchelista estadounidense de orixe húngara. Tamén é mestre na Jacobs School of Music da Universidade de Indiana en Bloomington dende 1958, onde ostenta o título de Profesor Distinguido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Starker recibiu o seu primeiro violoncello antes do seu sexto aniversario. Os seus dous irmáns maiores eran violonchelistas. Realizou a súa presentación pública aos seis anos e asistiu á Academia de música Franz Liszt en Budapest, onde estudou con Adolf Schiffer. Entre os músicos que o influenciaron están Leó Weiner, Zoltán Kodály, Béla Bartók e Ernő Dohnányi.

Starker realizou o seu debut profesional aos 14 años, cando interpretou o Concerto para violonchelo de Antonín Dvořák. Abandonou a Academia Liszt en 1939 e pasou a meirande parte da Segunda Guerra Mundial en Budapest. Debido á súa xuventude, Starker escapou do tráxico destino dos seus irmáns maiores, quen tiveron que realizar traballos forzados e foron asasinados polos Nazis. A pesar disto, Starker pasou tres meses nun campo de concentración.

Carreira[editar | editar a fonte]

Logo da guerra, converteuse no violonchelista principal da Ópera de Budapest e da Orquestra Filharmónica de Budapest. Starker, quen nunca tivera a cidadanía húngara, abandonou o país ocupado polos soviéticos en 1946. Realizou un concerto cunha boa acollida en Viena, onde permaneceu para prepararse para o Concurso de Violonchelo de Xenebra, realizado en outubro de 1946, o cal gañou a súa estudante Eva Janzer.

Starker foi de Xenebra a París, onde pasou un ano. Alí realizou a súa primeira gravación da sonata para violonchelo só, Op. 8 de Zoltán Kodály, un traballo que era considerado imposible de tocar daquel. Grazas a esta gravación, Starker gañou o Grand Prix du Disque.

Starker emigrou aos Estados Unidos en 1948 para ser o violonchelista principal da Orquestra Sinfónica de Dallas baixo a dirección de Antal Doráti. En 1949, mudouse a Nova York para ser parte da Ópera do Metropolitan dirixida por Fritz Reiner. Foi en Nova York onde Starker realizou a primeira das súas gravacións das suites para violonchelo só de Johann Sebastian Bach.

En 1952, Starker converteuse no violonchelista principal da Orquestra Sinfónica de Chicago cando Fritz Reiner era o seu director musical. En 1958, Starker mudouse á Universidade de Indiana e continuou a súa carreira como solista.

Repertorio gravado[editar | editar a fonte]

Starker realizou máis de 160 gravacións. Gravou as seis suites para violonchelo só de Bach en cinco ocasións, a última en 1992 para RCA Red Seal Records, pola que gañou un premio Grammy. Tamén foi candidato a un Grammy pola súa gravación de 1990 dos traballos de David Popper. Varios compositores escribiron concertos especialmente para el, entre os que se atopan David Baker, Antal Doráti, Bernhard Heiden, Jean Martinon, Miklós Rózsa e Robert Starer.

Notas[editar | editar a fonte]