Miklós Rózsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miklós Rózsa
Nacemento18 de abril de 1907
 Budapest, Imperio Austro-Húngaro
Falecemento27 de xullo de 1995 (88 anos)
 Os Ánxeles (California)
SoterradoForest Lawn Memorial Park
NacionalidadeHungría e Estados Unidos de América
Educado enEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
NaiRegina Berkovits
Parella/sMargaret Finlason (1943-1995)
PremiosOscar á mellor banda sonora
1945 - Spellbound
1947 - Dobre vida
1959 - Ben-Hur
Na rede
http://www.miklosrozsa.org/
IMDB: nm0000067 Allocine: 39317 Allmovie: p109047
Spotify: 3ulUkIj0owxd4Qedpfock2 Musicbrainz: 0008af7d-2aa1-4b4d-80af-b3b64ee3cac6 Discogs: 647195 Allmusic: mn0000583723 WikiTree: Rózsa-3 Find a Grave: 6678159 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Miklós Rózsa ([ˈmikloːʃ ˈroːʒɒ]), nado en Budapest (Hungría) o 18 de abril de 1907 e finado nos Ánxeles o 27 de xullo de 1995 foi un compositor húngaro que traballou en Alemaña, Francia, o Reino Unido, os Estados Unidos de América e Italia.[1] É coñecido por compoñer case un cento de bandas sonoras cinematográficas. Porén, sempre seguiu traballando en música para concertos, o que chamaba a súa "dobre vida".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rózsa foi introducido na música clásica e na tradicional pola súa nai, Regina Berkovits, pianista, e o seu pai, Gyula, industrial namorado da música popular húngara. O seu tío materno, Lajos Berkovits, violinista da Ópera de Budapest deulle o seu primeiro instrumento aos cinco anos. Con oito anos xa actuaba en público e compoñía.

En 1925 entrou na Universidade de Leipzig para estudar química, mais decidido a converterse en compositor cambiouse ao conservatorio desa cidade ao ano seguinte. En 1929 recibiu os seus diplomas cum laude.[3] En 1932 mudouse a París por suxestión do organista e compositor Marcel Dupré.[2]

Rózsa comezou na música cinematográfica en 1934 a través do seu amigo o compositor suízo Arthur Honegger. Cando se mudou a Londres foi contratado polo produtor húngaro Alexander Korda para o filme Knight Without Armour (1937). Aínda que a carreira cinematográfica de Rózsa acabou tras sufrir un infarto mentres estaba de vacacións en Italia en 1982, continuou a compoñer concertos.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miklós Rózsa Society (ed.). "Biography". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Library.syr.edu (ed.). "Miklós Rózsa Papers". Consultado o 11 de marzo de 2012. 
  3. American Composers Orchestra (ed.). "David Raksin Remembers his Colleagues". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2012. 
  4. Pytheas Center for Contemporary Music (ed.). "Miklós Rózsa (1907-1995)". Consultado o 27 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rózsa, Miklós: "Quo Vadis?" Film Music Notes, Vol. 11, No. 2 (1951)
  • Rózsa, Miklós: Double Life: The Autobiography of Miklós Rózsa, Composer in the Golden Years of Hollywood, Seven Hills Books (1989) - ISBN 0-85936-209-4
  • Rózsa, Miklós: Double Life: The Autobiography of Miklós Rózsa, Composer in the Golden Years of Hollywood, The Baton Press (1984) - ISBN 0-85936-141-1
  • Palmer, Christopher: Miklós Rózsa. A Sketch Of His Life And Work. Breitkopf & Härtel, Londres, Wiesbaden (1975)
  • Thomas, Tony: Miklós Rózsa e Miklós Rózsa on Film Music. Film Score. The Art & Craft of Movie Music, Riverwood Press (1991) - ISBN 1-880756-01-3, pp. 18–32
  • Darby, William e Du Bois, Jack: Miklós Rózsa. American Film Music. Major Composers, Techniques, Trends, 1915 - 1990. McFarland (1990) - ISBN 0-7864-0753-0 - pp. 307–344
  • Palmer, Christopher: Miklós Rózsa. The Composer In Hollywood. Marion Boyars (1993) - ISBN 0-7145-2950-8 - pp. 186–233
  • Dane, Jeffrey: "A Composer's Notes: Remembering Miklós Rózsa", iUniverse (2006) - ISBN 0-595-41433-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]