AtlasGlobal
| AtlasGlobal | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
AtlasGlobal, chamada Atlasjet ata o 31 de marzo de 2015,[1] é unha aeroliña turca con sede en Istanbul,[2] que opera voos domçesticos regulares e servizos internacionais de pasaxeiros ademais de voos chárter, a meirande parte deles dende a súa base no aeroporto de Istanbul-Atatürk.
Historia
[editar | editar a fonte]A aeroliña creouse o 14 de marzo de 2001 e iniciou as súas operacións o 1 de xuño do mesmo ano. Naceu co nome Atlasjet International Airlines e fundouse como subsidiaria de Öger Holdings. No ano 2004 o ETS Group mercou o 45% das accións, e chegou a controlar o 90% en febreiro de 2006 tras facerse co control do 45% que tiña Öger Holdings.
En agosto de 2012 AtlasGlobal Airlines contratou a Ryan International Airlines, unha aeroliña chárter estadounidense, para operar voos de peregrinación relixiosa a cidades como Medina e Tel Aviv. En xaneiro de 2013 AtlasGlobal non cumpríu cos pagamentos a Ryan International, o que levou ao final da cooperación sen previo aviso. Ryan International Airlines, que xa se atopaba nun proceso de reorganización por bancarrota, non foi capaz de recuperarse das perdas e enfrontouse a dificultades económicas que levaron á súa liquidación.[3][4]
Atlasjet anunciou que pasaría a chamarse AtlasGlobal o 1 de abril de 2015.[1]
Frota
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2018 a frota de AtlasGlobal estaba formada polos seguintes avións:[5]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| C | Y | Total | ||||
| Airbus A319-100 | 1 | — | 8 | 126 | 134 | |
| Airbus A320-200 | 5 | — | 8 | 156 | 164 | |
| Airbus A321-100 | 2 | — | 8 | 192 | 200 | |
| Airbus A321-200 | 14 | — | 12 — |
192 216 |
204 216 |
|
| Boeing 737-800 | 1 | — | 8 | 156 | 164 | |
| Total | 23 | — | ||||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Aero Telegraph (ed.). "Atlasjet zeigt globale Ambitionen". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ AtlasGlobal (ed.). "Headquarters And Call Center". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ WREX (ed.). "Rockford's Ryan International Airlines liquidating". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ NYC Aviation (ed.). "Charter carrier Ryan International Airlines ceases operations". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "AtlasGlobal Fleet Details and History". Consultado o 14 de marzo de 2018.