Isidoro Brocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isidoro Brocos y Gómez»)
Infotaula de personaIsidoro Brocos Gómez

Isidoro Brocos (1894) por Joaquín Vaamonde Cornide, Museo de Belas Artes da Coruña.[1]
Biografía
Nacemento4 de abril de 1841
Santiago de Compostela
Morte26 de novembro de 1914
Santiago de Compostela
Datos persoais
País de nacionalidadegalego
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor
EmpregadorEscola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosPablo Picasso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsModesto Brocos Editar o valor em Wikidata

Isidoro Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1841 e finado ibídem o 26 de novembro de 1914, foi un escultor, gravador e debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debuxos de Isidoro Brocos expostos na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego de Vigo.
Tumba de Isidoro Brocos no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Formouse na Escola de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde tivo entre os seus alumnos a Pablo Picasso e fixo gravados para La Ilustración Gallega y Asturiana.

Pode apreciarse obra de Brocos no Museo de Belas Artes da Coruña[2] e no Museo Provincial de Pontevedra.[3]

Era irmán máis vello do pintor Modesto Brocos e, inda que finou en Santiago, está soterrado no cemiterio de San Amaro da Coruña.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CERES Secretaría de Estado de Cultura.
  2. "Museo de Belas Artes da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  3. Museo de Pontevedra
  4. A San Amaro de visita «guiada» La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]