Isabel Salazar Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Salazar Bello
Isabel Salazar - decembro de 2008.JPG
Nacemento2 de novembro de 1949
 Cidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e cirurxián
FillosAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

María Isabel Salazar Bello, nada na Cidade de México o 2 de novembro de 1949, é unha cirurxián e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina, especializándose en Cirurxía Xeral. É diplomada en Sanidade e facultativa de cupo de Cirurxía xeral da área central do Servizo Galego de Saúde en Lugo, onde reside.

Política[editar | editar a fonte]

En política, militou sempre no PSdeG. Foi deputada por Lugo deste partido na quinta lexislatura do Parlamento autonómico galego, entre 1997 e 2001.

Entre 2004 e 2008, foi deputada no Congreso, na oitava lexislatura das Cortes Xerais. Acompañaba na lista a José Blanco López sendo a primeira vez en que o PSOE conseguía dous deputados pola provincia de Lugo. No Parlamento, foi voceira adxunta da comisión mixta de relacións co Defensor del Pueblo. Participou nos relatorios sobre os proxectos de Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural e de Lei do Consello Xeral de Colexios de Ópticos e Optometristas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]